Tag: CONCURSOS

Noraboa aos gañadores de Publicíta-t e aos participantes de Play! 2010

Este ano convocouse, dende a plataforma de Play! 2010 Desafío para Novos Emprendedores (competición de simulación empresarial organizada pola Escuela de Negocios de Caixanova), a 2ª edición de Publicíta-t. Establecéranse dúas categorías para participar neste concurso, o premio ao mellor logotipo, nome comercial e anuncio en prensa (medios escritos) e o premio ao mellor spot publicitario (medios audiovisuais).

Do noso instituto participou o alumnado de 1º de bacharelato A e C da materia de Economía, e temos moito que celebrar. En primeiro lugar, que o equipo Economyplay acadou o premio ao mellor spot publicitario (tamén tiñan que presentar un slogan e un briefing) que podedes ver abaixo. Parabéns ao equipo formado por Alejandra Cambiazo de Pedro, Adriana Cano Vila, Vanesa Fernández Rodríguez y Alejandro Mata Alonso. Recibirán cada un deles unha consola Wii.

Ademáis teremos representación do noso centro nas semifinais de Play! 2010, pois o equipo Reikampo clasificouse para competir cos outros 4 mellores equipos da provincia. Parabéns a Aarón Cabado Vázquez, Diana Casiani Gómez, Ana Eiras Coto, Tamara Fra Vilaboa e Magali Piedra Gutiérrez, …e moita sorte!

Gustaríame felicitar ao resto do meu alumnado de 1º de bacharelato, a todos e todas, porque participastes con gran ilusión, aproveitando unha estupenda oportunidade de aprender de forma lúdica. E por suposto, tamén a todos os institutos participantes.

Máis información AQUÍ.

 

 


Arranca play! 2010 Desafío para Novos Emprendedores

Trátase dunha competición por equipos, na que te enfrontarás a equipos doutros colexios e institutos.

Cada un dos equipos será unha empresa que ten dous produtos en carteira: leite e iogures, e loitará por ser líder do mercado nacional e máis estranxeiro. Ao principio, todas as empresas parten dunha mesma situación, e deberán elaborar un plan de xestión para un ano. Todas as decisións serán introducidas no simulador e, á vista dos resultados obtidos, planificarase o ano seguinte.

Igual que pasa no mundo real, as empresas terán á súa disposición estudos de mercado que lles permitirá coñecer algúns dos resultados acadados pola competencia.

Poderán participar en play! Desafío para Novos Emprendedores os alumnos de 1º e 2º de Bacharelato de Galicia ou de “Ensino secundario” de Portugal, independentemente da modalidade pola que teñan optado cursar. Os alumnos deberán conformar equipos dun mínimo de 4 persoas e un máximo de 6 e cumprimentar adecuadamente o formulario de inscrición web.

Rexeitaranse todos aqueles cupóns de inscrición incompletos ou recibidos fora dos prazos establecidos.

En ningún caso  unha mesma persoa poderá participar en máis dun equipo. Facelo será motivo para a eliminación da competición.

É imprescindible que no cupón de inscrición figure unha persoa como responsable do equipo, que será quen reciba e envíe toda a información que se elabore. Asemade, deberá figurar o docente ou docentes do centro que asumirán as labores de apoio e asesoramento dos diferentes equipos.

O período de inscrición será dende o 5 de outubro ata o 6 de novembro de 2009. Neste período deben estar a disposición da organización os cupóns correspondentes.

Inscrición, información e bases AQUÍ



INVENTANDO, QUE É XERUNDIO

 

TI TAMÉN PODES INNOVAR

Se tes entre 12 e 18 anos presenta unha idea para crear un novo producto,

un novo servicio ou unha maneira distinta e innovadora de producir algo xa

existente e gaña un portátil ou diferentes premios.

Consulta as bases en:

www.galiciainnovacion.com

 Xa podedes comezar a escribir a memoria, recordade:

Descrición do producto, servicio ou proceso, a quen vai dirixido,

utilidade social e maneira de levalo a cabo.
O prazo de entrega é o 2 de marzal, pero para que eu o revise

 

dádemo canto antes. 

 

ÁNIMÁDEVOS INVENTORES!

 


  • junio 2017
    L M X J V S D
    « May    
     1234
    567891011
    12131415161718
    19202122232425
    2627282930  
  • Comentarios recientes

  • Archivos

    Copyright © 1996-2010 €-conomízat. All rights reserved.
    iDream theme by Templates Next | Powered by WordPress