BASES:

O Concello de Lugo, dentro das actividades de promoción do cooperativismo, convoca un concurso de fotografía co obxectivo de fomentar os valores cooperativos e o cooperativismo na nosa sociedade.

1ª.- Participantes

Poderán tomar parte no concurso todas aquelas persoas interesadas en participar.

2ª.- Categoría.

Establécense una única categoría na que se outorgarán tres premios, nas cales as fotografías deberán facer referencia ao

cooperativismo e aos valores que o inspiran.

3ª.- Condicións xerais:

– Cada persoa poderá presentar unha única obra.

– As obras deberán ser orixinais, e non poderán ter participado noutros concursos.

– As fotografías poderán ser realizadas con cámara fotográfica ou teléfono móbil.

– Serán rexeitadas todas as imaxes que atenten contra a política municipal en materia de igualdade, solidariedade, non

violencia, respecto á diferenza, e todas aquelas que presiden e informan a actividade municipal.

– No caso de menores de idade, a participación no concurso implicará a autorización tácita dos seus pais, nais, titoras ou

titores.

– A participación no concurso supón a cesión de forma gratuíta dos dereitos de comunicación e reprodución pública para a

difusión das fotografías e dos seus autores polo Concello de Lugo en calquera medio dixital ou escrito.

A remisión das fotografías realizarase a través da entrega delas, persoalmente ou por correo ordinario, nun sobre pechado, no interior do cal figurará a fotografía asinada na súa parte posterior cun pseudónimo, e un sobre que conterá os datos da persoa participante e o pseudónimo empregado. No exterior do sobre que conterá esta documentación figurará o seguinte enderezo:

Centro de Servizos Municipais, Rexistro Xeral do Concello de Lugo, ronda da Muralla, número 197, 27002 Lugo, indicando

Concurso de fotografía “Cooperativismo e valores cooperativos” (CEI-NODUS).

As fotografías entregadas fóra de prazo non serán admitidas no concurso.

– O prazo de presentación será do 20 de setembro ata o 20 de outubro de 2010.

– A título informativo, recórdase que o uso de imaxes e música preexistentes necesita a autorización escrita de quen posúa os seus dereitos; se aparecesen persoas recoñecibles a través de primeiros planos ou entrevistas, será necesaria a súa autorización e coñecer para o que están sendo fotografadas.

4ª.- Premios e xurado.

Establécense como premios os seguintes:

1º: Un ordenador portátil Netbook.

2º: Disco duro multimedia.

3º: Marco dixital con TDT.

Unha selección dos traballos gañadores será exhibida na web http://www.cei.lugo.es/

O xurado estará composto por:

– 1 Representante da Concellería de Economía e Emprego do Concello de Lugo

– 1 Representante da Concellería de Xuventude do Concello de Lugo

– 1 Representante do Consello Galego de Cooperativas

– 1 Representante da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón

Así mesmo, e para os efectos do disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e demais normativa de desenvolvemento, autorízase a utilización dos datos persoais contidos no formulario de participación para o seu tratamento informático na xestión da participación á que se refire.