Durante este ano 2010, Coca-Cola comezará a comercializar botellas de plástico 100% reciclables xa que están fabricadas cun 30% de material procedente da natureza, está composta por canas de azucre e por melazas.

Esta botella ten moitas vantaxes, xa que ten un envase reciclable, a botella e máis pequena e reduce as emisións de CO2 polo que é aínda máis ecolóxica. Ademais para a empresa é algo moi positivo para darse a coñecer e para medrar, xa que, polo de agora, é a única que comercializa o produto con este tipo de botellas.

Plantbottle é o tipo de innovación que demostra como as empresas poden axudar a que o cambio climático sexa menos notable. Ten que levar unha imaxe diferente para que saibamos que é unha botella feita mediante recursos naturais.

O envase da botella fabrícase actualmente a través dun  sinxelo proceso que converte a caña de azucre e a melaza (que é un subproducto da produción do azucre) e tamén se utiliza un compoñente para o plástico, comezouse a utilizar a caña de azucre nalgunhas  colleitas que estropeou a choiva xa que tampouco se pretende fabricar as botellas e non ter azucre.

Coca-Cola pretende continuar coa innovación ata alcanzar unha botella fabricada ao 100% con materiais de desfeitos vexetais e que así sexa completamente reciclable.

Fontes:

http://quelujo.es/2010/02/04/plantbottletm-un-paso-mas-hacia-la-botella-de-plastico-aun-mas-ecologica/