Ruta da Fraga de Vilapena. Trabada
A Fraga de Vilapena caracterízase pola súa gran diversidade de árbores: carballos, xardóns, arandeiras, abeleiras, bidueiros destacando un tramo do percorrido onde atopamos algúns érbedos.
Comezamos no núcleo urbano de Vilapena, onde podemos visitar a igrexa na que destaca o seu fermoso retablo barroco. Dende o alto de Pena Gorda o camiñante poderá disfrutar de amplas vistas panorámicas cara os vales de Vilaformán e Vilapena. Continuando adentrámonos nun novo ecosistema de bosque autóctono, onde o rei indiscutible é o carballo.
Dificultade:Media, baixa. Percorrido: 10´10 Km. a principal e 6 Km. pola variante. Duración: 3´50-2´15 aproximadamente. Desnivel: 270m. para a ruta longa, e 200 m. para a curta.

Vilapena, ó fondo a Fraga.
Día Internacional do Mar
O obxectivo da celebración deste día (17 de marzo) é preservar a seguridade da vida no mar e previr a contaminación mariña.

A capela da Atalaia.
A Capela da Atalaia, antes chamada de la Trinidad, é o templo máis antigo de Ribadeo. Sufriu varias reformas no transcorrer dos séculos.
Situada nun fermoso lugar, esta capela servíu de moita utilidade para as xentes do mar xa que servía de guia na entrada do porto. A porta principal é gótica, século XIV, con decoración en zig-zag. Consta de nave, arco triunfal e presbiterio. A espadana é dun só van. Xunto á porta ten unha pía de auga bendita semiesférica, montada sobre columna gótica. O retablo procede da antiga Colexiata. É de estilo barroco, de dous corpos, con columnas salomónicas e estípites. Na parte dereita ten un retablo barroco do século XVIII, dun só corpo e dúas columnas salomónicas.

FAI 75 ANOS:Excursión de alumnos de Celeiro de Mariñaos.
O día 4 de Marzo de 1935, fai 75 anos, nun autocar artísticamente engalanado, realizaron unha animadísima excursión a Burela, Xove, Viveiro e Chavín 34 alumnos da Escola de Celeiro de Mariñaos (Barreiros), dirixidos polo xove e culto mestre don José R. Lorenzo Fernández.
Osos en Ribadeo

Tranquilos que non hai osos polas rúas de Ribadeo, senón que estamos a falar da exposición “Entre Osos”, de cajAstur na oficina de Turismo. Consta de paneles informativos e obradoiros para escolares, onde se explica a vida dos osos, así como boa parte de plantas silvestres en que basan a súa alimentación e a súa supervivencia.
Los remedios del Camino
La Fundación “La Caixa” acaba de publicar un folleto con 23 plantas con múltiples aplicaciones curativas que empleaban los peregrinos para aliviar sus dolencias en su caminar a Santiago. Citamos algunas de estas plantas y sus propiedades.
Hierba de Santiago (Senecio jacobaea): llamada de forma explícita “sacapedos” en referencia a sus demostradas propiedades carminativas. Los peregrinos, lo mismo que los pastores del Pirineo, la usaban en tintura para cicatrizar llagas y heridas.
Romero (Rosmarinus officinalis) y Siempreviva (Sempervivum tectorum): plantas con múltiples aplicaciones, servían para ablandar los callos, para aliviar las picaduras de insectos, para cicatrizar heridas o para restañar sabañones.
Hierbabuena (Mentha sativa), Poleo (Mentha pulegium) e Hinojo (Foeniculum vulgare): servían para atender a los problemas del aparato digestivo, facilitando la digestión y el buen aliento, aliviando los dolores de tripas y ayudando a expulsar las lombrices intestinales.
Hierba de Santiago
Romero
Visita a Pedro Murias
Hoxe os alumnos de 1º de ESO acompañados dos profesores Visi e Emilio, visitamos a Escola de Pedro Murias en Vilaframil. Poidemos ver a estación meteorolóxica, un establo e a sala de ordeño, invernadoiros, placas solares, como se fan os queixos…Ó final déronnos un aperitivo con refrescos, queixo e roscas.
Alejandro Mejía Vega, 1º ESO

A ermida de S. Miguel. Ribadeo
Está situada preto da Ponte dos Santos, no Camiño Norte de Santiago.
A tradición dí que se ergue aquí porque a Virxe apareceu neste lugar. Ao estar próximo o forte de S. Damián, por medo a unha posible profanación durante as invasións, os veciños de Vilaselán deciden trasladar a imaxe a súa igrexa. En lembranza, o sábado anterior ao día de S. Miguel, tráena en procesión desde alí, sempre por camiños distintos, e aquí permanece nove días durante os que se celebra unha novena moi concorrida. O domingo, a Virxe regresa vestida de gala pola estrada principal.

Marco de Pena Verde(Trabada)
Trátase dun menhir ou pedrafita. Monumentos megalíticos (pedras grandes) do Neolítico (Pre-historia). As pedrasfitas relaciónanse co culto ás encrucilladas e ós camiños, así os cruceiros serían os continuadores deste culto. Sobre as dúbidas deste menhir, arqueólogos consultados din que polas medidas pode tratarse dun menhir ou pedrafita, tamén dun marco xeográfico que sinala os lindes entre parroquias ou concellos ou ámbolos dous, pois moitos menhires foron aproveitados como marco. Hoxe en día está a servir como lindeiro ou pedra de termo entre os concellos de Trabada, Ribadeo e Barreiros.
Situación: Parroquia de Fórnea (Trabada). Na estrada que comunica Fórnea, Vidal e Valboa. Moi preto pasa a rede Ribadeo-Vilalba do gasoduto.
Angel Pérez Fernández, 1º ESO
Faleceu o crego Manuel Espiña
Ós 77 anos faleceu o crego Manuel Espiña Gamallo, afincado na Coruña dende 1965. Profesor na Escola de Maxisterio e logo na Universidade da Coruña. Foi un testemuño constante do amor á nosa língua, na que sempre impartía as clases. Aberto, progresista e liberal, sufríu o acoso do franquismo, que o multou con 150.000 pesetas por unha homilía. O pai Espiña foi un dos primeiros cregos que oficiaron a misa en galego e escribíu na prensa nesta língua.
