CAMPAÑA DA ORGANIZACIÓN MUNDIAL DA SAÚDE PARA A SEGURIDADE VIAL

DEMASIADO TARDE PARA POñER O CASCO

DEMASIADO TARDE PARA SER VISTA

DEMASIADO TARDE PARA DEIXAR DE BEBER

DEMASIADO TARDE PARA POñER O CINTO

DEMASIADO TARDE PARA REDUCIR A VELOCIDADE
A (MALA) EDUCACIÓN AO VOLANTE
Esta mañá, cando regresaba do traballo en Cuntis, ao entrar en Santiago polo Castiñeiriño sufrín a mala educación habitual en moitos condutores. Nun treito con dous carrís de baixada, eu ía polo da esquerda e un pouco máis adiante ía outro coche pola dereita. Cando estaba a piques de adiantalo vexo que invade o meu carril. Estivemos a piques de chocar porque polo carril en sentido contrario subía outro coche e a miña marxe de manobra era pequena.
Non pasou nada pero eu, alarmado, piteille. Nese momento vexo coma o condutor do outro coche, un señor co cabelo branco con aspecto de bo cidadán mete o seu coche diante do meu con afán desafiante. Supoño que estaría berrando algo así como: que c. pasa? Eu, con xestos, expliqueille o que pasara. Supoño que el xa era consciente do que pasara, sendo claramente el o infractor xa que invadiu o meu carril de súpeto. Pero non, el non ía dar o brazo a torcer e seguir en paz o seu camiño. Non, a súa resposta foi ensinarme o dedo (como todos sabedes, non?).
O meu primeiro arrouto foi seguir cos insultos xestuais ou mesmo montar unha liorta. Pero decidín que ese ‘elemento’ non me ía amolar o día. Así que respondinlle con outro xesto máis pacífico, co polgar cara arriba. Moi ben tío, así me gusta, fixéchelo moi ben. Cada un tirou para o seu destino e eu, a verdade, quedei tranquilo. Moito mellor así, non?

CEDA O PASO NA CORUÑA
O luns foi un dia espectacular, fomos de excursión á Coruña como premio por ter sido o mellor blogue do mes de abril, e pasámolo ben. Visitamos o edificio de “La Voz de Galicia”, onde nos invitaron a un almorzo moi nutritivo. Despois do almorzo ensináronnos o Museo onde vimos o periódicos máis antigos de España e Galicia e as primeiras máquinas coas que se facía o xornal (alí ocorreu unha gran primicia: Zas traballou). á saíuda déronos unha bolsa con regalos: unha sudadeira e uns altofalantes.
Na Redacción recibiunos á subdirectora, que nos deu unha charla e, sobre todo, tivo que contestarlle ás crítica que lle fixo o roñoso de Heladio. Tamén nos ensinaron os talleres onde imprimen hoxe o periódico e quedamos abraiados co sistema de pinzas e coa cantidade de papel que gastan cada día (50 km). O papel impórtano de Canadá e dos países escandinavos, e teñen unha máquina alcumada ‘a cariñosa’ para movelo polo almacén.
Arredor da unha saímos no autobús cara o Aquarium, onde comimos nós e vimos como comían as focas. Impresionounos a cabeza de marraxo que tiñan alí conxelada. Tamén nos gustou a zona de cuarentena, onde se adaptan os peixes antes de soltalos no acuario.
ás catro da tarde marchamos á Domus, onde xogamos con cousas que nin sequera sabíamos que existían, como o xogo mental baseado na concentración e na relaxación mental. A relax non hai que me gañe. Gañeille a dous compañeiros que me desafiaron e despois non se atreveu ninguén máis (incluídos os profesores).
E as cinco máis ou menos, regresamos cara Cuntis nun autobús máis pequeno co da mañá, xa que eramos moi poucos rapaces. En resume, unha xornada moi interesante que nos ancantou compartir cos alumnos de 6ºA que, por certo, se portaron moi ben. Para que vos fagades unha idea máis precisa, abaixo tedes as fotos do día.
Un coche para a memoria
No ano 94 comprei o primeiro WOLKSWAGEN (coche do pobo), era un 1303 do ano 73, matrícula OR 0804 M, un sedán de cor vermello. Por culpa del coñecín moitísima xente e fundamos o Escaravello Club de Galicia. Con el viaxamos ás concentracións de toda a Península, Alemaña, Francia, Italia. Facía todos os días con el 140 km ata que un 14 de febreiro, saíndo de Arcade, outro coche petou contra nós e descapotouno por un lateral. Fixemos unha festa para despezalo e recuperar tódalas pezas para vender no mercadiño.
Aos tres meses mercamos outro sendán 4302 de cor gris do ano 69 e a partires de aí empezamos a viaxar con el… sempre de ida, xa que de volta viñamos no guindastre. Ao final case non o usabamos e vendímolo para que non se estragase.
Iso foi un luns. O mércores atopamos este en Santiago e o venres mercámolo: wolkswagen carrozado por Karman , Guía no 11-10-1979, destinado para o mercado americano, con matrícula PO 3113 AM. Agora ten 29 anos e esperamos que dura moitos máis.
Eusebio Rivero

LUGARES POUCO ACCESIBLES
Seguimos publicando no nos blogue as feas pero reveladoras fotografía do Album da Voz adicado a lugares pouco accesibles para denunciar os atrncos que sufren as persoas con mobilidade reducida.
Neste caso acumúlanse os atrancos para calquera peón, algo que pasa que moitos outros lugares de Galicia, é que supón un perigo evidente para a integridade física das persoas que queiran camiñar por beiravías semellantes.
- Mesoiro (18-05-2008)
- Descrición:
- Estrada
de Mesoiro, nº65 - A Coruña (estrada CP-0512). Beirarrúa literalmente
cortada. Estrada sen arcen, elevado tráfico(ata grandes
camións) e moitas veces a gran velocidade. A beirarrúa de en fronte
cortada por obras. Pasos de peóns afastados da beirarrúa cortada.
Moitos ususarios maiores e mobilidade reducida. - Autor:
- Juan Alberto Díaz

OS SINAIS CIRCULAN POLO D. AURELIO
Desde hai uns días atopámonos polos corredores do Colexio cuns sinais de trafico algo estraños. Algúns son difíciles de entender e uns son máis afortunados ca outros. Pero todos eles nos fan máis agradábel o tránsito cara as aulas.
Esta ‘intervención’ foi unha idea do profesor de Plástica, Eusebio Rivero, para sumarse ás Xornadas de Educación Vial. Amosaron así que un contido tan importante para a formación de bos cidadáns, como é a Educación Vial, pode e debe tratarse desde todas as materias. Grazas.
ABARROTE DE SINAIS
Esta enchenta de sinais atópanse nunha estrada da Toscana italiana: a cal lle facemos caso? Será mellor dar media volta, porque quizais desaparece a estrada e entramos nun camiño de cabras.

DÍA DA EDUCACIÓN VIAL
Grazas a Chus Saborido, profesora de Infantil, podemos contar con fotos das actividades do Día da Educación Vial. Como é lóxico só reflicten os Xogos de Infantil, pero pensamos que transmiten o espírito do que foi unha xornada escolar distinta, pero moi frutífera.
Aproveitamos estas fotos para expresarlle a Chus a nosa pena porque se vai do Colexio. Botarémola moito de menos e desexámoslle unha BOA CIRCULACIóN.
DÍA EDUCACIÓN VIAL
O pasado día 16 de maio foi o DíA DA EDUCACIóN VIAL no noso Colexio. As actividade central foi a realización dunha serie de xogos relacionados coa Educación Vial para o alumnado de Infantil e Primaria.
Para a organización dos xogos contamos coa inestimable axuda dos profesores Eusebio, Xosé Manuel, Patricia, Ramón, Manuel e Sofía. Pero sobre todo queremos destacar o gran traballo realizado polo alumnado de 4º da ESO (os que non foron a excursión) e os de 3ºC: Antonio, Damián, María Justa, María Prado, Sheila, Noemí, Paula, Segio, Javier, Porto, Rubén, María Riveiro, Andrea, David Pereira, David Míguez, Gabriel e Isaac. Grazas a eles todo saiu ben e é de xustiza felicitalos.
Para porlle a guinda ao Día puidemos contar tamén co coche de Protección Civil, o da Policía Municipal e o da Guardia Civil. Por alí pasaron curiosos e entusiasmados todos os alumnos e alumnas. Temos que agradecerlle a Suso, o municipal, unha vez máis, a súa desinteresada colaboración, así como a Paco, o noso conserxe.
Esta é unha pequena descripción das actividades realizadas en tres quendas durante a mañá:
CIRCUíTO
Percorreron o circuíto en bicicleta, con volantes, atados e/ou facendo unha ‘carreira de sacos’.
Cando cometían unha infracción eran sancionados cun punto vermello. Os que perdían cinco puntos quedaban sen carné e non podían circular máis.
Os que remataban o percorrido sen perder ningún punto levaban unha medalla.
A CEGAS
a.) Un ‘lazarillo’ guíou a unha persoa cega (cos ollos tapados) seguindo as indicacións dos sinais de tráfico.
b) Unha variante foi que o ‘lazarillo’ tiña que ir indicándolle o itinerario ao ‘cego’, describíndolle oralmente os sinais.
E SEN OíR
Un xogo de mímica (como os do ‘xogo das películas’), só que neste caso con sinais de tráfico. Competiron por grupos de 3/4 persoas. Os membros de cada grupo rotaron describindo os sinais con xestos nun tempo limitado, 2’, e os outros tiñan que acertar. Ganaba o equipo con máis acertos unha vez que todos os membros pasaron a interpretar.
XOGO DAS CADEIRAS
Os participantes, en grupos de 10/12, tiñen que sentar na cadeira co mesmo sinal que eles mesmos tiñan ‘pegada’ nas costas e que un compañeiro lle tiña que indicar. Daban voltas arredor das cadeiras seguindo a música ata que esta paraba. íanse eliminando, perdía o que sentaba último.
UN SINAL- UNHA ACCIóN
Os grupos tiñan que memorizar os xestos ou accións vinculados a un sinal. Despois ‘circulaban’ polo patio facendo eses xestos cada vez que as organizadoras ensinaban un sinal. Por cada fallo se lle quitaba 1 pto. e ao chegar a perder 3 deixaban de xogar.
TRASVASANDO AUGA AMODIñO
Facíanse 2 grupos de 8/9 membros, formando unha cadea, cada un con cadanseu vaso de plástico. O primeiro tiña que coller a auga dun cubo nun vaso de plástico e trasvasala ao vaso do compañeiro seguinte. O último da fileira baleiraba a auga noutro balde situado no outro lado da pista. Gañaba o grupo que máis auga consiguía trasvasbar en 3 minutos. Viuse claramente que non se trataba de correr máis, senón de trasvasar a auga con precaución (como na circulación), procurando verquer a menos posible.
XOGO DE PISTAS POLO COLEXIO, NA PROCURA DO TESOURO
Tiveron que ir resolvendo cuestións relacionadas coa Educación Vial seguindo as pistas situadas nas zonas comúns do Colexio ata chegar ao tesouro: un caramelo na Cafetaría.
SCALEXTRIC
Montamos un vello scalextric na entrada do Colexio e alí, de dous en dous, os alumnos competiron en respecto aos sinais, aínda que foi difícil facerlle ver que non se trataba de ir máis rápido, senón de ir máis seguros. Para moito rapaces foi un descubrimento divertirse cun xogo tan antigo.

OS GALEGOS, OS QUE MÁIS SE QUEIXAN DAS ESTRADAS
As 500 persoas entrevistadas en Galiza polo Real Automóbil Club de
Catalunya amosan unha preocupación maior que a media estatal polos
accidentes de tráfico e tamén maiores críticas ao estado de
conservación ou utilidade das estradas.
O
Real Automóbil Club de Catalunya presentou na Coruña a súa XI Enquisa
RACC de Mobilidade e Seguridade Viaria, para a que realizaron un total
de 5.000 entrevistas en todo o estado, das que 500 foron en Galiza e
desvelaron unha preocupación lixeiramente maior á media española polos
accidentes de tráfico, cun 95 por cento galego ante o 92 por cento
estatal. Así mesmo, a enquisa amosou o profundo malestar que existe no
territorio galego polo estado das estradas, cuxas melloras consideran
“moi necesarias” á hora de prever accidentes, un nivel de queixa que
está dous puntos por riba da enquisa xeral (48% por 46%).
No
que coinciden os condutores galegos e do resto do estado -segundo o
informe que presentou Cristina Catalá- é no que máis lles inflúe no
modo de condución é ver accidentes na estrada, seguido da suspensión do
carné e o importe das multas e a perda de puntos. Porén, aos
entrevistados de 18 a 24 anos impáctalles máis a suspensión do carné
que ver un accidente.
Por último, os condutores galegos usan
algo máis o cinto de seguridade que o que dita a media estatal, que
marca un 93 por cento polo 96 por cento en Galiza.

