“Capitán Calzoncillos”
Ana Abaalo Barba, unha nena de 6º, Puxo a capa do “Capitán Calzoncillos” e foi polas clases de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º decindo que na biblioteca do cole tiñamos libros deste personaxe.
Foi unha iniciativa do equipo de biblioteca que esperamos teña éxito.
Mosteiro de Carboeiro

Este ano imos ir ó Mosteiro de Carboeiro de excursión de fin de curso.San Lorenzo de Carboeiro é un mosterio fundado no 963 por os Condes de Deza.Construído por discípulos do mestro Mateo,o que construeu o pórtico da Gloria.Está considerado como a xoia do románico oxival galego.Na actualidade o Mosterio conserva a igrexa románica.O templo,restaurado recentemente edificouse hai 1171 anos.
Visita ao Pazo de Oca
Este curso temos pensado visitar o Pazo de Oca. A nosa profe di que é moi bonito, e como vedes no video é certo. Estamos documentándonos. Díxonos que ten uns xardíns preciosos, o malo é que é un pazo privado. A ver se esta vez, non nos chove, porque se non teremos que conformarnos coas imaxes.
A Fervenza do Toxa
A fervenza do Toxa é un salto de auga de máis de 30 m, está considerada como a maior de Galicia.Ten miradores desde distintos niveis de altura.Está no medio dunha paisaxe de flora autóctona.Desde a súa base iníciase unha ruta (Ruta do Deza) que finaliza no Mosteiro de Carboeiro.
Tino Baz
Este martes fomos ó Auditorio de Vilagarcía a ver unha actuación do músico e cantante Tino Baz. Cantounos moitas e bonitas cancións con letras do libro de Manuel María, como Galicia. Pasámolo moi, pero que moi ben ,sobre todo, cando tivemos que dar palmas para axudalo no ritmo da canción. Tamén nos mostrou algúns instrumentos tradicionais galegos como a zanfoña, a gaita, o tambor… Tino Baz ten unha voz moi bonita. A nós encantóunos!!!!!!!
Tino Baz en Vilagarcía
O día 27 de Maio os nenos e nenas do 3º ciclo achegámonos ao Auditorio de Vilagarcía para escoitar en concerto a Tino Baz. Primeiro ensinounos algúns instrumentos de percusion populares, e despois cantounos poemas de Manuel María como: O meu burriño, A estrela sen nome, Caracol……En xeral gustounos moito.

Visitas de familiares
Estos días unha mariscadora, dous empresarios, un garda civil, un cociñeiro e un científico visitáronnos na aula para contarnos en que consistía o seu traballo. Non tivemos que ir moi lonxe para topalos, tratábase de pais, nais ou irmán de nenos e nenas do cole. Grazas a tod@s
Xosé María Álvarez Blázquez

Xosé María álvarez Blázquez é o escritor galego ó que se lle adica o día das letras galegas do 2008. Naceu en Tui no ano 1915 e morreu en Vigo no ano 1985.Escribeu,entre outros, un libro de poemas titulado Roseira do teu mencer que está na biblioteca do colexio.
Silvio Berlusconi

Silvio Berlusconi foi reelexido por terceira vez polos habitantes italianos. Na súa entrevista dixo que non é o mesmo de sempre. Tamén mencionou o goberno de España, comentando que era demasiado “rosa”. O goberno español consta de nove mulleres e oito homes, por eso dixo o de “rosa”, mentres que o seu goberno só consta de catro mulleres e os demais homes.
Promete 1.000 euros a cada recén nacido, máis policías para asegurar a protección dos ciudadáns, controlará a inmigración ilegal, e algunhas cousiñas máis.
O xornal

A miña experiencia co xornal e moi boa. Ainda que non me gusta ler contos, o xornal encántame lelo. Gústanme as noticias que hai. Sempre nolo traen os mércores e lémolo a segunda hora. La Voz De Galicia é o xornal que máis me gusta porque é moi completo, pero pregúntome unha cousa ¿como o poden facer tan completo?