Dormes?
O día 21 de novembro, ás 21:30, no teatro principal da Estrada a obra de teatro: Dormes? dirixida por Miguel Carbajal representada por alumnos e alumnas do IES Manuel Garcia Barros. Esta obra acadou un gran éxito na súa anterior representación no mes de xuño. No instituto fálase xenial desta obra, eu aínda non a vin pero anímovos a que a vaiades ver como teño pensado eu.
Se queredes máis información visitade:
http://centros.edu.xunta.es/iesmanuelgarciabarros/dormes/index.html
Os soños nunca dormen
Pretenden ser eternos
Dormes? Plantexamos a posibilidade de que todo sexa un soño, un soño eterno, inexistente quizais…
Trasládanos a un lugar imaxinario que o máis probable é que nunca existira. Ou sí…
Como poder demostrarme que agora mesmo non estás a soñar? Acaso estás vivo? Si?
Ó mellor nin sequera estás aquí.
Doces soños…
Cóntallo en galego: agasallos para animar a ler nas familias
A Secretaría Xeral de Política Lingüística distribuíu no noso colexio exemplares da obra Flis-fli-ris-flás no marco da campaña de fomento da lingua galega e da lectura no ámbito familiar, un programa que tenta chegar a todos os nenos e nenas de Galiza.
O pai de Martiño cóntalle cada noite un conto antes de durmir. A partir de aí, o rapaz métese nun mundo de soños e de aventuras onde enfronta retos e corre perigos. Este sinxelo fío argumental é a base de Flis-fli-ris-flás, un produto multimedia no que se integra un libro ilustrado, actividades arredor do mesmo, unha aventura gráfica, xogos multimedia e unha obra de teatro.
Se ben en Cuntis non contaremos coa representación da obra, escenficada polo grupo Matapiollos e dirixida por Jorge Coira, si contamos co agasallo do libro co conto, editado por Galaxia, co que se pretende traballar o desenvolvemento do hábito lector nas familias.

Estadía no Albergue Ecoturístico Alvarella (outubro 2008)
O alumnado de 3 e 4º da ESO achegouse os pasados días 16 e 17 de outubro ao Albergue Ecoturístico Alvarella (Doroña-Vilarmaior), onde se realizaron actividades de educación ambiental e de lecer en contacto co contorno, no que destacan As Fragas do Eume e a vila mariñeira de Redes. A diversión e o compañeirismo marcaron unha estadía que de seguro soubo a pouco. Podes ver unha presentación fotográfica, elaborada polos alumnos Alberto Cortés e Jose García (3º C), aquí.
Máis ca nunca: “Seica chove no patio?”
Alumnos e profesores de Cuntis esixen con 170 sinaturas un patio cuberto e o remate do comedor escolar
Alumnos de 5º e 6º de Primaria e de ESO do colexio público integrado (CPI) Aurelio M. Rei García de Cuntis, secundados por profesores, esixiron onte a construción dun patio cuberto para evitar que os escolares «sufran as inclemencias do tempo antes de entrar non centro e nos recreos».
A xunta de delegados do alumnado, que recolleu 145 sinaturas de estudantes e 25 de mestres, fixo público un comunicado no que expresan o seu malestar polo xeito en que se están realizando as últimas obras no colexio. Refírense á construción dun comedor escolar no lugar que ocupaba o soportal.
Segundo Antón Castroagudín Campos e Lorena Tato Torres, as autoridades prometeron que ao iniciarse o curso en setembro o comedor estaría en funcionamento e que se construiría outro patio cuberto. «A día de hoxe ningunha dás dúas promesas se cumpriu: ou comedor está sen rematar e non dispoñemos doutro patio cuberto, nin sequera comezaron as obras», aseguraron.
Ante esta situación, reclamaron a construción «inmediata» dun soportal «e que mentres non se fai adóptense as medidas necesarias» para evitar que os estudantes estean á intemperie. Tamén demandaron o remate e a posta en funcionamento do comedor escolar.
Paciencia
Aínda que a xunta de delegados remitiu copia das firmas e do escrito ao director do CPI, á alcaldesa de Cuntis e ao delegado provincial de Educación, a rexedora non tiña coñecemento onte do problema. A preguntas da La Voz, Fátima Monteagudo indicou que hai uns quince días acordouse un cambio na actuación, de tal forma que o Concello faríase cargo do novo patio cuberto e a Delegación Provincial de Educación terminaría o comedor, algo que -indicou- coñece o APA. «Ofrecemos o cambio xa que a nosa parte levaba un trámite administrativo porque había que facer unha modificación puntual -explicou a alcaldesa-. O proxecto do soportal está redactándose por parte dos técnicos municipais, despois hai que licitalo e executalo porque é unha obra maior e iso leva un tempo».
No entanto, o equipo de goberno pediu «paciencia» aos alumnos do Don Aurelio porque «a obra vaise a facer, que non lle caiba a menor dúbida a ninguén». Fátima Monteagudo remachou que a vontade do Concello é colaborar co colexio. «Asumimos unha obra que non teriamos que facer porque non é de mantemento», subliñou.
Fonte: La Voz de Galicia, Edición Pontevedra.
Setembro teatral en Cuntis

Cuntis contará cun CICLO DE TEATRO que se desenvolverá ao longo do mes de setembro: VENRES 5 de SETEMBRO, VENRES 12 de SETEMBRO e VENRES 19 de SETEMBRO, os actos desenvolveranse os tres días ás 21:00 h. no CENTRO PATELAS.
Dentro do programa CULTURA VAI VERáN que pon en marcha a Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia o Concello de Cuntis contará cun CICLO DE TEATRO que se desenvolverá ao longo do mes de setembro co seguinte programa:
VENRES 5 DE SETEMBRO áS 21 HORAS NO CENTRO PATELAS TALíA TEATRO BICOS CON LINGUA
Esta obra, galardonada co premio María Casares ao Mellor Texto Orixinal e ao Mellor Actor Protagonista que reaiu en Artur Trillo, está dirixida por Avelino González e interpretada por To?o Casais e Artur Trillo e preséntanos unha divertida reflexión sobre a situación sociolingüística de Galiza.
VENRES 12 DE SETEMBRO áS 21 HORAS NO CENTRO PATELAS MáSCARA PRODUCCIóN ASALTO DE CAMA
Esta obra foi galardonada co premio de teatro Tricicle, por humor al arte 2003 e está protagonizada por Marco A. álvarez Solla, María álvarez Lagarón, Xerome Calero, Verónica Codesido e Pablo Puga. Unha comedia puxilística en seis asaltos e medio…
VENRES 19 DE SETEMBRO áS 21 HORAS NO CENTRO PATELAS COMPA?íA MIRO MAGARI?OS OS XIGANTES
Un carpinteiro e o seu axudante, Pucho, comezan a xornada de traballo escoitando a radio. O parte radiofónico faralle lembrar ao mestre un conto que xa lle contaba o seu avó…
Nova tirada da páxina www.turismodecuntis.com
Comezan as Festas Patronais

Comezan as festas locais, que este ano se publicitan con este cartaz co que o autor, Martiño Picallo, quixo recuperar unha etapa da historia da vila do Baño, a modernista, marcada polo turismo de balneario e as novas formas de vida propia dos “felices anos 20″.
Consulta o programa das festas na páxina www.turismodecuntis.com
A pasalo ben!!!
Festidoiro 2008: programa e acto de presentación.

O Festidoiro 2008 segue a afondar nunha das principais liñas de traballo que O Fervedoiro desenvolve ao longo de todo o ano, a normalización cultural e lingüística do país, desta volta da man de SKáRNIO, NAO, Motor PëRKINS e SEM RESPOSTA, bandas que apostan pola música en lingua galega e por un forte compromiso social nos seus temas.

Hoxe terá lugar o acto presentación pública do festival na Casa da Cultura Roberto Blanco Torres de Cuntis a partir das 21:30 cunha Conferencia–Presentación que, baixo a lenda A canción como protesta, reunirá significados persoeiros do que foi e do que é a música galega de protesta social: Vicente Araguas (Cofundador de VOCES CEIBES), Davide Senén Otero (Cofundador e vocalista de XENREIRA) e o cuntiense de nacemento Paulo Tobío (Vocalista de SKáRNIO).
Carreira de camas en Cuntis
Clica na imaxe para ver o vídeo
A Asociación Cultural e Xuvenil Río Gallo abriu o prazo de inscrición para a Carreira de Camas de Cuntis, que terá lugar o próximo venres, 15 de agosto, ás 18 horas no marco das Festas Patronais.
As persoas interesadas en participar poden dirixirse ao Concello (986548005) para solicitar máis información. O colectivo difundiu onte o regulamento desta competición, que mantén o esquema de edicións anteriores. As camas teñen que estar provistas dun sistema de freo e dirección, mais non poden ter motor. Os participantes teñen que levar casco e como indumentaria un pixama, camisón ou roupa interior. A carreira consistirá en dúas vueltas polo casco urbano e outras dúas por un tramo da estrada PO-220.
Campo de traballo en Castrolandín

Información tirada de Vieiros
Viaxar ata o século II a. c. da man da arqueoloxía. Esta é a alternativa pola que optaron vinte mozos para aproveitar o verán. Fano no marco do Campo de Traballo de Castrolandín (Cuntis), unha iniciativa que organiza un ano máis a Vicepresidencia da Xunta dende o seu departamento de Xuventude.
Castrolandín é un poboado fortificado, un castro que representa unha forma de vida que en Galiza foi a protagonista entre o século VIII a. c. e o século III d.c. Achegarse ata ela e amosarlle o seus fundamentos aos máis mozos é o obxectivo desta iniciativa, que coordina o director deste centro, Carlos Otero, coa axuda dos monitores. Ademais, os rapaces súmanse aos traballos de escavación, unha labor ben necesaria para profundar na valorización do castro.
Rexistro, extracción, tratamento dos materiais… os mozos participan nas diferentes fases do traballo arqueolóxico nunha labor que este ano se marca o propósito de ampliar as escavacións do sistema defensivo, tanto do parapeto como das murallas que nun tempo defendían o castro. Ademais, tamén se pretenden ampliar as escavacións na entrada orixinal do poboado, rexistrar as estruturas e materias recuperados e consolidar o monumento.

“Atopar algo”
O que máis emociona aos participantes neste campo de traballo é a posibilidade de atopar algún resto arqueolóxico. Niso traballan e afánanse con pas, vasoiras e outros utensilios. Ademais, malia non ter coñecementos previos, queren rematar os seus quince días de participación no campo de traballo coa satisfacción de aprender algo e de facer a súa achega ao estudo da antigüidade.
Os vinte participantes proceden de diferentes puntos da península e tamén do estranxeiro. Por iso tamén aproveitan esta oportunidade para coñecer Galiza, nun periplo que comeza na vila termal de Cuntis. Así farán excursións a Santiago de Compostela, á Ribeira Sacra ou á Costa da Morte, ademais de participar en roteiros, saídas de interese histórico ou obradoiros de diferente contido.

O alumnado do CPI don Aurelio na revista Longa Lingua
O alumnado da ESO do CPI don Aurelio que no pasado mes de maio pintou a lingua de azul polo galego para se sumar simbolicamente á campaña Polo dereito a vivirmos en galego acapara case na súa totalidade a páxina 11 do último número da revista Longa Lingua, que publica a Mesa pola Normalización Lingüística, como antes xa estivo presente no fotolog desta organización.

Aquí tedes escaneada a páxina; á volta das vacacións poderedes acceder a ela e levar algún exemplar. Lembrade tamén que un grupo de personalidades da sociedade galega acaba de lanzar o Manifesto a prol da convivencia lingüística e da igualdade de dereitos para o galego, ao que vos podedes sumar a través da rede.


