Unha experiencia nova

blog2793

Hoxe ímosvos contar a nosa experiencia como pintor@s. Hai preto dun mes pintamos a clase de 4º B e o venres pasado fixemos o mesmo coa clase de 3º B de ESO. Esta iniciativa xurdiu a comezos deste curso nunha excursión que fixemos ás Fragas do Eume a un albergue chamado Alvarella. A excursión tiña como obxectivo pensar en melloras para o colexio e para a titoría en xeral e unha das ideas que se tivo foi esta. Como o colexio non decidiu tomar unha iniciativa para pintar as aulas decidimos pintalas nós xa que estaban en mal estado.

 

O día que pintamos estabamos moi ilusionados e case todos participamos. O máis importante de todo é que pensamos que soubemos aproveitar as calidades de todos (que eran moitas… jeje) os que alí estabamos e que o fixemos coma un equipo. O seguinte venres démoslle a segunda man e a experiencia repetiuse, desta vez (e da outra) compañeir@s doutros cursos viñeron a axudar. Das dúas veces estivemos acompañados por Sofía e Norma (que desta vez estaba alí pero coa escusa da perna… non pintou jaja!).

 

As aulas quedaron moi ben para ser pintadas por nós e aprendimos que, cando queremos, sabemos traballar en equipo! Tamén hai que dicir que saímos na prensa (en tres periódicos diferentes jajaja) e  entrevistaron a profes e alumn@s

 

Ben, e para rematar, aquí vos amosamos unhas fotos que demostra as nosas dotes de pintores…

 


    


  


 


 


CriStininha e AdriaNinha

Abril 14, 2008 | 10 Comentarios  

COMENTARIOS

 

Trackback URI | Comentarios RSS

10 Respostas para “Unha experiencia nova”

  1. Román on Abril 15, 2008 1:04 am

    Moi boa esta primeira montaxe co Slide, ben buscado o efecto e a música… mais aínda non vos ides: quedanvos un par de meses por aquí.

  2. Eu on Abril 15, 2008 11:48 am

    Hola!pois que cando teña que pintar algo por ai,xa vos aviso pa que veñades,porque a clase quedouvos estupefacta,debeu de ser por adrianinha…jeje…veña 1 saudo

  3. kortinhas on Abril 15, 2008 11:49 am

    Pois está moi ben publicar este artigo en internet por que podeno ver rapazes doutros sitios e asi poder entre todos pintar as clases.

  4. Isaac on Abril 15, 2008 12:04 pm

    Asi me gusta a travallar e a ver se nos votades unha man cando pintemos a nosa clase . Fai moita falla que votedes unha man

  5. jose on Abril 15, 2008 12:16 pm

    traballaron moito e merecense moito

  6. Alba on Abril 15, 2008 9:44 pm

    O que fallou foi a canción dos Suaves…

    ais…

    jeje

    mOi bo traballOoOo…!!!

  7. EvA on Abril 15, 2008 10:30 pm

    Moi bo traballo rapazas! Jeje

    Pois si somos uns valentes e uns traballadores. E alguns tamén fumos botarlle unha man ós de 3ºB. Foi todo un placer.

    un saudo

  8. Sofía on Abril 16, 2008 9:28 am

    Os de terceiro B si que sabemos escoller cores!!!!

    Que conste que a vosa non quedou mal de todo.

  9. SaNdRinHa on Abril 18, 2008 5:57 pm

    Ola!

    Que conste que ten razón Eva no de que algúns fomos axudar e todo eh?

    Pero a bailar tamén eH Evynha??

    Veña bicos

  10. Creación e uso educativo dos blogues I « Caderno de Lingua on Outubro 12, 2008 10:17 pm

    [...] lingüística da escrita e a competencia dixital se o alumnado é autor (artigo de dúas alumnas en Seica chove no patio?), etc. O blogue ten un inmenso potencial como soporte de traballo do alumnado e é, ademais, unha [...]

Deixe unha resposta