Dormes?
O día 21 de novembro, ás 21:30, no teatro principal da Estrada a obra de teatro: Dormes? dirixida por Miguel Carbajal representada por alumnos e alumnas do IES Manuel Garcia Barros. Esta obra acadou un gran éxito na súa anterior representación no mes de xuño. No instituto fálase xenial desta obra, eu aínda non a vin pero anímovos a que a vaiades ver como teño pensado eu.
Se queredes máis información visitade:
http://centros.edu.xunta.es/iesmanuelgarciabarros/dormes/index.html
Os soños nunca dormen
Pretenden ser eternos
Dormes? Plantexamos a posibilidade de que todo sexa un soño, un soño eterno, inexistente quizais…
Trasládanos a un lugar imaxinario que o máis probable é que nunca existira. Ou sí…
Como poder demostrarme que agora mesmo non estás a soñar? Acaso estás vivo? Si?
Ó mellor nin sequera estás aquí.
Doces soños…
Ola, María, que tal todo?
Xa vexo que no novo centro hai actividades de interese. Se cadra, podiamos facer un intercambio de grupos de teatro. E ti xa ves que as bitácoras do Programa Prensa-Escola cambiaron moito e para mellor. Wordpress é máis complexo pero tamén dá moitas máis posibilidades. De momento, non sabemos se este blogue vai ter continuidade e, se a ten, se poderiamos abrilo a ex-alumnas. Non estaría mal. De todos os xeitos, xa vos informaremos dalgunha que outra actividade do Equipo de Normalización e do colexio porque nos gustaría contar cunha promoción tan xeitosa como a vosa.
Saúdos
En fin…tanto como actividades de interese…creo que prefiro as do CPI. Si por favor avisade para actividades do Equipo de Normalización, xa que aquí non hai noticias sobre o do propio centro. Creo que estaría ben seguir con este blogue, xa que así teríamos unha venta aberta as noticias do noso colexio(que despois de tantos anos, segue sendo o noso colexio).