Planta Depuradora

blog3451

Os alumnos de 4ºESO estuvemos estudando os impactos que as actividades humanas poden provocar sobre os ecosistemas.Unha das tarefas que fixemos foi buscar información sobre o funcionamento das plantas depuradoras e as diferencias que hai coas plantas potabilizadoras de auga. Presentamosvos, a continuación, o noso traballo. Esperamos que vos sexa útil. Sandra Fernández e Inma Tesón. 4ºESO-B


 


PLANTA DEPURADORA (EDAR)


 


Unha estación depuradora de augas residuais, tamén chamada planta de depuración, ten o obxectivo xenérico de conseguir unha auga efluente de mellores características de calidade.


 


En xeral, as estacións depuradoras de augas residuais tratan auga residual urbana, procedente do consumo doméstico na súa maior parte, así como da escorrentía superficial da drenaxe das zonas urbanizadas, ademais da auga procedente de pequenas industrias, mediante procesos e tratamentos máis ou menos estandarizados e convencionais. Existen tamén EDAR que se deseñan e constrúen especificamente para unha ou varias grandes industrias, con tratamento especializado á auga residual que se xenera.


 


A contaminación na auga


 


En xeral, pódese dividir a contaminación presente na auga, na que está disolta e na que está en suspensión, flotación ou que se arrastra coa auga.


 


Tamén se pode separar a contaminación que é orgánica, da que non o é, e aquela que é eliminable de maneira normal pola natureza e aquela que non o é.


 


Existen parámetros normalizados para a medida da contaminación en xeral, que se pode estimar con indicadores como a DBO5 (demanda biolóxica de osíxeno ós cinco días) e a DQO (demanda química de osíxeno), que son as cantidades que se precisan para oxida-la materia orgánica.


 


Existen moitos indicadores de contaminación, mensurables como pH, concentración  de determinadas substancias, turbidez, etc. E non mensurables como o olor e o sabor. As máis usadas son a DBO, DQO e SST.


 


 Tratamientos convencionais


Os tratamientos físicos, asociados no ámbito europeo á terminoloxía tratamento primario, consisten fundamentalmente en separar a contaminación presente na agua en suspensión, flotación ou arrastre.


Así, encontramos o desbaste, para a eliminación de trapos,…o desarenado, para eliminación de areas, granos de café… o desengrasado, para a eliminación dos sólidos e líquidos non miscibles de menor densidade que o agua , e a decantación, para a eliminación de todas as partículas menores que un determinado tamaño.


 



 


POTABILIZADORA DE AUGA:


As potabilizadoras de auga para consumo humano, independentemente do sistema de saneamento elexido, requiren sempre dun paso previo ao tratamento biológico ou químico do fluído: etapa de clarificación. A filtracion  mecánica é a retención e consecuente remoción de materiais en partículas, de orixe orgánico ou inorgánico.


 


Este proceso tamén é importante para manter a calidade da auga e reducir a materia orgánica biodegradable (MOB) no sistema. Consiste na remoción das partículas que se encontran no auga en estado coloidal. As prantas deste tipo  están formadas polas unidades de inxección de químicos (floculantes), axitadores, decantadores e filtros.


 


Recén despois de cumplida esta etapa e dependendo do tipo de contaminante detectado, procédese ao tratamento bacteriolóxico e remoción de inorgánicos fóra dos parámetros aceptables


 


 


 


ASÍ É CÓMO SE FAI A AUGA POTABLE:



CONCLUSIÓN:


A  Planta depuradora ten o obxectivo de conseguir unha mellor calidade de auga. Sen embargo, a potabilizadora, a parte  diso consigue unha auga potable.Temos no Concello de Ribeira, unha planta depuradora, pero non unha planta potabilizadora ( só temos uns depésitos de auga que se tratan para facer que a auga dun río se poida consumir nas nosas casas.). Tamén estaredes informados de que se quere construír unha macrodepuradora, pero o emprazamento proposto causa moitas protestas veciñais. A ver en que queda toda a mobilización social….


 


 

Junio 4, 2008 | Dejar un comentario  

Excursión de Xeoloxía

blog3451

Un curso máis o alumnado de 2º de Bacharelato participou durante catro días nunha actividade de gran interese formativo: A EXCURSIóN DE XEOLOXíA, que inclúe contidos de ciencias da natureza, medio ambiente e xeografía e historia.

A viaxe tivo lugar do 27 ao 30 de marzo, percorrendo numerosos lugares de Galicia, Asturias e León, dos que destacamos.

RASA CANTáBRICA E PRAIA DAS CATEDRAIS  / PREGOS DE TAPIA DE CASARIEGO / CASCO MONUMENTAL DE LUGO (Murallas Romanas e Casa dos Mosacios) /XACEMENTOS FOSILíFEROS  DE RECECENDE E SALAS DE LA RIBERA (fósiles do Palezoico inferior, isto é de aproximadamente 300 millóns de anos, concretamente de Briozoos e Graptolitos) / CASTRO DE VILADONGA / XACEMENTO ARQUEOLóXICO-XEOLóXICO DAS MéDULAS / EXPLOTACIóN AURIFERA DE MONTEFURADO, PREGO TUMBADO DO COUREL (lugar de interese xeolóxico a nivel mundial) / CATEDRAL DE LEóN / COVA DE VALPORQUERO E HOCES CáRSTICAS DO RíO TORíO /CANóN DO SIL E FERVENZA DO TOXA.

é necesario destacar que a actividade resultou un éxito tanto polo interese didáctico, científico e cultural dos lugares visitados como pola participación entusiasta do alumnado.

Abril 8, 2008 | 1 Comentario  

CUESTIONARIO SOBRE www.climatechange.eu.com

blog3451

1.- Porcentaxe de emisións de gases que corresponden ás calefaccións dos fogares.

2.- Consumo medio anual dos fogares en calefacción.

3.- Euros que se aforran na factura da luz ó cambiar cinco bombillas.

4.- Litros de auga que se perden se non pchamos os grifos ó lavar os dentes.

5.- Evitar unha viaxe de ida e volta transoceánica aforrará ….. emisións.

6.- Aforro en emisións de gases ó reducir a velocidade de 110 a 90 Km/hora.

7.- Distancia anual media que percorre un coche europeo.

8.-Aforro en emisións que supón empregar a bicicleta para traxectos curtos.

9.-Toneladas de dióxido de carbono que xera un europeo medio ó ano.

10.-¿Cales foron os teus resultados, por apartados, obtidos ó aplicar a calculadora de emisións?.

Abril 1, 2008 | 3 Comentarios  

Chatarra no monte

blog3451

Electrodomésticos vellos, toda clase de vehículos, latas de gasóleo, pilas… Case sempre poden provocar lume nos montes con gran facilidade.As fotos foron sacadas no chatarreiro de Xarás. Están representados, toda clase de obxectos inutilizables que van parar alí, o lixo das persoas da Comarca do Barbanza, incluido todo tipo de escombros van parar ó chatarreiro. Isto a  longo prazo provoca incendios, como o que ocorreu no verán do 2006. Prácticamente toda Galicia estaba dominada polo lume, tamén o estaba o monte de San Alberto(ó lado do chatarreiro de Xarás). Isto é a consecuencia que trae verter toda clase de residuos ó monte.Entre voltas e voltas pensamos que o mellor sería reciclar as pezas de todos os electrodomésticos, etc. Para reconstruir outros novos.

M.R. e M.P.

Abril 1, 2008 | Dejar un comentario  

blog3451

Para participar no blog de intercambio con Padova:  http://ribeirapadova.blogspot.com

Si queres acceder ao blog do departamento de normalización:                        

http://caghaboi.blogaliza.org

Enero 29, 2008 | Dejar un comentario