O Nadal é unha boa data para mostrar nos nosos blogs os costumes e tradicións da nosa comarca.
Nesta páxina nos resumen cómo se vive o Nadal en moitos países e en Galicia Dixital móstrannos as diferentes tradicións na nosa comunidade .
Logo de visitalas no aula multimedia : Por qué non animarnos a publicar nos blogs de Prensa Escola os costumes e actividades que realizamos por estas datas na nosa comarca ?
Animade aos vosos alumnos a que posteen no blog as receitas da súa
familia, a que mostren os beléns do colexio ou a que suban as cancións
que coñecen par, entre todos ,facer unha listaxe das actividades que
adoitan facer en Nadal ( reunirse coa familia, recoller cartos para
unha asociación benéfica, viaxar, etc).
Podemos facer un concurso de receitas no blog, de postais e narracións
do Nadal ou un debate sobre o que lle pedimos aos Reis Meigos para a nosa
comarca.
De seguro que aparecerán un montón de ideas, entre elas a repercusión en Prensa do Nadal na nosa comarca.
¡ Estamos desexando velas!