Archivo para marzo 9th, 2011

1ª razón para ler o xornal: aprenderás a escribir e expresarte mellor

Miércoles, marzo 9th, 2011

O plan lector do centro debe aproveitarse da potencialidade dos xornais para mellorar a competencia  do alumnado á hora de comprender e interpretar criticamente textos escritos. Este é un paso esencial para que  produzan e se expresen mellor por escrito centrándose en algo cercano e actualizado de xeito constante.

Un xornal como o da imaxe ofrece unha amplitude de informacións que poden dar pé a realizar actividades e proxectos en calquera das disciplinas escolares. As “primeiras multas por circular a máis de 125 en autovía”, o “paso de xigante” do Deportivo “cara á permanencia”, as “advertencias da OTAN a Gadafi”, o bo tempo que fará o resto da semana ou a chocante noticia de que “as galegas gañan un promedio de 4.677 euros menos ao ano que os homes“.

Por eso nesta Semana da Prensa na Escola propoñémosvos a todos facer actividades que partan da prensa e que se podan introducir no plan lector do voso centro. Con ese fin e como exemplo a nosa proposta para calquera curso da ESO ou Bacharelato parte da celebración onte, 8 de marzo, do Día Internacional da Muller Traballadora. A través do artigo anterior e doutro no xornal de onte que anuncia que “Bruxelas da un ano ás empresas para que incorporen mulleres en altos cargos” pódese realizar na clase un debate sobre o valor da igualdade. Ademais, ambos artigos conteñen datos estatísticos que combinan perfectamente dúas das competencias básicas, a lingüística e a matemática, e poden dar pé a unha acción combinada entre varias disciplinas.

Os datos pódense trasladar a gráficas ou mesmo infografías nas que tería un papel importante o departamento de Educación Plástica e Visual. Outro subproducto sería comprobar mediante unha enquisa no blog a percepción da igualdade entre os compoñentes da clase. Finalmente, poderíase rematar coa publicación no blog dun artigo de opinión  sobre este tema por parte de todo o alumnado implicado no debate inicial.

Deste xeito, e a través da lectura do xornal, podemos ver cumplida a primeira das razóns propostas por Prensa-Escuela nesta Semana da Prensa na Escola: “lendo o xornal aprenderás a escribir e expresarte mellor”.

NOTA: Exemplo de organización do blog de aula arredor das moitas celebracións ao longo do ano escolar e das informacións aparecidas nos medios e en Internet é Pasamos de todo, realizado por un grupo de 7 alumnos de 1º de ESO do IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia (Ourense). A biblioteca deste centro conta tamén cun excelente blog de animación á lectura, Biblioantioquía. Noraboa por ambas iniciativas.

Recomendamos tamén a presentación sobre o Plan Lector de centro realizada por Pascual Asensio Sánchez, profesor do CEIP Benedicto XIII de Illueca (Zaragoza):