Archivo para mayo 16th, 2012

Valentín Paz-Andrade: A semana das Letras Galegas no blog

miércoles, mayo 16th, 2012

Comeza a semana das Letras Galegas que este ano conmemora a figura de Valentín Paz-Andrade. Este avogado, escritor, xornalista e empresario pontevedrés forma parte da xeración que protagonizou a loita pola autonomía desde o Partido Galeguista durante a II República e que loitou en moitos frentes pola defensa da lingua e a cultura galega durante a dictadura franquista e ata a súa morte en 1987. Pero para coñecer a súa vida máis polo miúdo, boto man do estupendo Telexornal Paz-Andrade, realizado por alumnado da ESO do CPI dos Dices de Rois (A Coruña), un proxecto audiovisual multidisciplinar que conta xa con tres anos de vida adicado ás figuras homenaxeadas o Día das Letras Galegas:

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Este produto final dun proxecto de xornalismo de investigación serve como modelo dun traballo de precisión en busca de testemuñas relevantes sobre a figura de Paz-Andrade. Por suposto, tanto o produto final como o proceso contan cunha serie de materiais en bruto que poderían converterse no eixo descritivo dun blog como caderno de bitácora do proceso de investigación. En primeiro lugar, as entradas e comentarios poderíanse converter nun espazo de intercambio de información e debate. A continuación, nun lugar de creación dos cuestionarios para realizar as entrevistas mediante propostas de preguntas e selección e organización das mellores. En terceiro lugar, nun espazo onde colgar os vídeos en bruto para compartilos e deixar evidencia dos pasos que van dun traballo sen pulir a outros produtos que poden saír do mesmo proxecto como o titulado Paz-Andrade, supervivente:

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Ou o documental que leva por título Valentín Paz Andrade. Compromiso con Galicia, realizado dentro do mesmo proxecto:

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Por non falar de converter o blog nun espazo de encontro, de intercambio, de traballo interdisciplinar no que o alumnado aprende facendo, desenvolvendo as súas competencias dun xeito motivador que tamén inclúe ao resto da comunidade, intra e extramuros. Para finalizar, queremos felicitar ao profesorado e ao alumnado do CPI dos Dices de Rois polo seu esforzo valioso neste e nos anteriores días das Letras Galegas. E volvendo a vista atrás un ano, propoñémoslle aos seguidores do Blogmaestro unha adiviña: Quen son dúas das rapazas que aparecen noutro dos traballos da videoteca particular deste centro coruñés no que se fai unha homenaxe a Lois Pereiro no multiusos de Rois?

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Feliz e proveitosa semana e Día das Letras Galegas 2012 a todo o mundo.