Archivo para mayo 18th, 2012

50 anos das Letras Galegas

viernes, mayo 18th, 2012

Este ano cúmprese o 50 aniversario do Día das Letras Galegas, unha conmemoración iniciada en 1963 pola Real Academia Galega e que aquel ano homenaxeou a figura de Rosalía de Castro cen anos despois da publicación do seu poemario Cantares gallegos (1863).

Con este motivo, a Real Academia Galega ven de iniciar unha campaña conmenorativa da que ofrecemos aquí as primeiras 20 biografías dos homenaxeados nestes 50 anos de Letras Galegas e que axiña estará accesible en formato completo na web da Academia:
Todas as letras do día das letras.RAG

A xeito de peche desta semana de celebración propoñemos partir da lectura da breve biografía dunha das persoas homenaxeadas a elixir libremente por cada un dos alumnos e alumnas para despois faceren una breve entrada no blog centrada na súa figura. O alumnado pode crear un póster multimedia con Glogster, seguir o modelo dos carteis conmemorativos de cada un dos homenaxeados presentados na web da Academia ou calquera outro proxecto literario, visual ou adiovisual que se lles poida ocurrir. No proceso, farían unha pescuda sobre a figura elixida, leerían fragmentos da súa obra e crearían unha entrada orixinal que os achegara máis a esa figura que verdadeiramente os motiva. Deste xeito, o Día das Letras Galegas traspasaría os límites desas 24 horas festivas ou da semana das letras que remata hoxe. Onte iniciouse o ano de Valentín Paz-Andrade, pero tamén se celebran eses 50 anos e 50 figuras relevantes da cultura galega cunha obra e unha vida que podemos ir revisitando durante os próximos 365 días. Outro espazo para iniciar este camiño cara o pasado, pero tamén cara o futuro son as páxinas adicadas ás Letras Galegas en La Voz de la Escuela do pasado mércores:
A Festa Das Letras Galegas.la Voz de La Escuela 16.05.2012