50 anos das Letras Galegas

Este ano cúmprese o 50 aniversario do DÃa das Letras Galegas, unha conmemoración iniciada en 1963 pola Real Academia Galega e que aquel ano homenaxeou a figura de RosalÃa de Castro cen anos despois da publicación do seu poemario Cantares gallegos (1863).
Con este motivo, a Real Academia Galega ven de iniciar unha campaña conmenorativa da que ofrecemos aquà as primeiras 20 biografÃas dos homenaxeados nestes 50 anos de Letras Galegas e que axiña estará accesible en formato completo na web da Academia:
Todas as letras do dÃa das letras.RAG
A xeito de peche desta semana de celebración propoñemos partir da lectura da breve biografÃa dunha das persoas homenaxeadas a elixir libremente por cada un dos alumnos e alumnas para despois faceren una breve entrada no blog centrada na súa figura. O alumnado pode crear un póster multimedia con Glogster, seguir o modelo dos carteis conmemorativos de cada un dos homenaxeados presentados na web da Academia ou calquera outro proxecto literario, visual ou adiovisual que se lles poida ocurrir. No proceso, farÃan unha pescuda sobre a figura elixida, leerÃan fragmentos da súa obra e crearÃan unha entrada orixinal que os achegara máis a esa figura que verdadeiramente os motiva. Deste xeito, o DÃa das Letras Galegas traspasarÃa os lÃmites desas 24 horas festivas ou da semana das letras que remata hoxe. Onte iniciouse o ano de ValentÃn Paz-Andrade, pero tamén se celebran eses 50 anos e 50 figuras relevantes da cultura galega cunha obra e unha vida que podemos ir revisitando durante os próximos 365 dÃas. Outro espazo para iniciar este camiño cara o pasado, pero tamén cara o futuro son as páxinas adicadas ás Letras Galegas en La Voz de la Escuela do pasado mércores:
A Festa Das Letras Galegas.la Voz de La Escuela 16.05.2012
Etiquetas: 50 aniversario do dÃa das letras galegas, DÃa das Letras Galegas


Deja tu comentario