Curso online en Moodle “Desenvolvemento de proxectos de Prensa-Escuela mediante un blog en WordPress”

Escrito por blogmaestro
26 de febrero de 2014 a las 10:07h

Para completar a súa oferta formativa gratuíta deste curso 2013-2014 Prensa-Escuela ofrece por primeira vez un curso en rede a través da plataforma Moodle impartido por Alberto Sacido Romero, profesor responsable tamén dos cursos presenciais e deste Blogmaestro, e homologable pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria baixo o títuloDesenvolvemento de proxectos de Prensa-Escuela mediante un blog en WordPress.

Programa do curso en rede “Desenvolvemento de proxectos de Prensa-Escuela mediante un blog en WordPress”

 

Esta actividade formativa céntrase en tres eixos principais:

  1. O uso da ferramenta de xestión de contidos en rede (CMS) WordPress.
  2. A proposta metodolóxica da aprendizaxe por proxectos.
  3. A integración nas dinámicas da aula da información xerada pola prensa e polos medios de comunicación.

Os seus obxectivos son:

  1. Conseguir que o profesorado adquira os coñecementos e as destrezas básicas para utilizar un blog en WordPress como ferramenta educativa co seu alumnado.
  2. Partir da autorreflexión sobre a maneira de ensinar de cadaquén e atopar a maneira de integrar nela unha metodoloxía por proxectos activa, cooperativa e centrada na experiencia e a motivación propia do alumnado.
  3. Reflexionar sobre a potencialidade da integración da información da prensa e dos medios de comunicación na práctica diaria da aula; en particular, combinada coa aprendizaxe mediante proxectos e coa utilización dun blog en WordPress.
  4. Explorar estratexias de posta en práctica dun proxecto específico de cadaquén e deixar preparado o blog para poder desenvolvelo no centro unha vez rematado o curso

Estes son os epígrafes dos seus catro módulos:

  1. WordPress + Información xornalística + Proxecto = Aprendizaxe activa
  2. A edición dunha entrada e dunha páxina
  3. Como administrar e adaptar o blog ás necesidades propias
  4. O uso do blog para o desenvolvemento dun proxecto didáctico centrado na información xornalística

O curso iniciarase o 12 de marzo e extenderase durante 4 semanas ata o 9 de abril de 2014. O profesorado interesado en participar neste curso gratuíto debe contactar con Prensa-Escuela no teléfono 902 103 156 ou mediante un correo electrónico dirixido a prensa-escuela@lavoz.es indicando os seguintes datos: nome, DNI, centro no que se traballa, e-mail e teléfono de contacto.

Para máis información sobre esta iniciativa formativa pódese consultar o artigo de Ana Abelenda na última páxina de La Voz de la Escuela de hoxe:

Profesores en Red.La Voz de la Escuela.26.2.2014

Etiquetas: , , ,

4 respuestas a “Curso online en Moodle “Desenvolvemento de proxectos de Prensa-Escuela mediante un blog en WordPress””

  1. BLOGMAESTRO » Blog Archive » Curso ... dice:

    […] Para completar a súa oferta formativa gratuíta deste curso 2013-2014 Prensa-Escuela ofrece por primeira vez un curso en rede a través da plataforma Moodle impartido por Alberto Sacido Romero, profesor responsable tamén dos cursos presenciais e deste Blogmaestro, e homologable pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria baixo o título “Desenvolvemento de proxectos de Prensa-Escuela mediante un blog en WordPress“.Programa do curso en rede “Desenvolvemento de proxectos de Prensa-Escuela mediante un blog en WordPress” Esta actividade formativa céntrase en tres eixos principais:O uso da ferramenta de xestión de contidos en rede (CMS) WordPress.A proposta metodolóxica da aprendizaxe por proxectos.A integración nas dinámicas da aula da información xerada pola prensa e polos medios de comunicación.Os seus obxectivos son:Conseguir que o profesorado adquira os coñecementos e as destrezas básicas para utilizar un blog en WordPress como ferramenta educativa co seu alumnado.Partir da autorreflexión sobre a maneira de ensinar de cadaquén e atopar a maneira de integrar nela unha metodoloxía por proxectos activa, cooperativa e centrada na experiencia e a motivación propia do alumnado.Reflexionar sobre a potencialidade da integración da información da prensa e dos medios de comunicación na práctica diaria da aula; en particular, combinada coa aprendizaxe mediante proxectos e coa utilización dun blog en WordPress.Explorar estratexias de posta en práctica dun proxecto específico de cadaquén e deixar preparado o blog para poder desenvolvelo no centro unha vez rematado o cursoEstes son os epígrafes dos seus catro módulos:WordPress + Información xornalística + Proxecto = Aprendizaxe activaA edición dunha entrada e dunha páxinaComo administrar e adaptar o blog ás necesidades propiasO uso do blog para o desenvolvemento dun proxecto didáctico centrado na información xornalísticaO curso iniciarase o 12 de marzo e extenderase durante 4 semanas ata o 9 de abril de 2014. O profesorado interesado en participar neste curso gratuíto debe contactar con Prensa-Escuela no teléfono 902 103 156 ou mediante un correo electrónico dirixido a prensa-escuela@lavoz.es indicando os seguintes datos: nome, DNI, centro no que se traballa, e-mail e teléfono de contacto.Para máis información sobre esta iniciativa formativa pódese consultar o artigo de Ana Abelenda na última páxina de La Voz de la Escuela de hoxe:Profesores en Red.La Voz de la Escuela.26.2.2014- See more at: http://blogs.prensaescuela.es/blogmaestro/#sthash.ToZZnfme.dpuf  […]

  2. Pedro Madera dice:

    todavia es posible inscribirse? gracias

  3. blogmaestro dice:

    Sí es posible, poniéndose en contacto con Prensa Escuela en los datos que aparecen en el post

  4. BLOGMAESTRO » Blog Archive » Curso ... dice:

    […] Para completar a súa oferta formativa gratuíta deste curso 2013-2014 Prensa-Escuela ofrece por primeira vez un curso en rede a través da plataforma Moodle impartido por Alberto Sacido Romero, profesor responsable …  […]

Deja tu comentario