Entradas etiquetadas como ‘Día das Letras Galegas’

Lois Pereiro no Día das Letras Galegas 2011

lunes, mayo 16th, 2011

Así abre Lois Pereiro o primeiro número da revista Loia (1976), feita en colaboración, entre outros de seu irmán Xosé Manuel, de Manuel Rivas e Antón Patiño, cando eran estudantes en Madrid.

Xa está aí toda a potencia do seu verso, da súa sintaxe, do seu tono, do camiño rompedor das súas palabras. Quizáis un camiño máis axeitado para o alumnado maior, pero que tamén poderá degustar en pequenas doses ben elixidas calquera neno ou nena. 

E a rede énchese de recursos que aparecen co gallo desta celebración do 17 de maio. Un lugar destacado teno a edición facsimilar da revista Loia, feita polo Consello da Cultura Galega e complementada por un estudo crítico, coordinado polo seu irmán Xosé Manuel. Outro clásico deste Día das Letras Galegas desde fai uns anos é o documental creado conxuntamente desde os CPIs dos Dices (Rois – A Coruña) e da Baña (A Coruña), cada vez máis profesional e que se pasa á Alta Definición: 

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Este ano tamén ofrecen varios minidocumentais coas testemuñas utilizadas no anterior, algo que pode servir como unha estupenda ferramenta para que o alumnado aprenda a editar vídeo: Pereiro por Pereiro, Unha cartografía de Lois Pereiro, O bucle de Lois Pereiro, seguido da lectura de Cinco Poemas de Lois Pereiro, lidos por algúns dos participantes no documental.

É tamén tempo para actividades que celebran a obra do homenaxeado e que se poden ver na súa páxina oficial. Algunhas, como Vento Lois, teñen lugar por toda Galicia e fora dela, e buscan a actividade colectiva. Outras inclúen a un ou máis participantes, pero sempre tendo como protagonista ao poeta: mesas redondas, presentacións de libros, homenaxes, concertos, dramatizacións…

Pechamos cun video de Mundo Lois, un espectáculo de Antón Reixa e Lino Braxe que se está a representar por toda Galicia en homenaxe do autor monfortino:

embedded by Embedded Video

vimeo Direkt

Uxío Novoneyra no Día das Letras Galegas

lunes, mayo 17th, 2010

COUREL dos tesos cumes que ollan de lonxe!
Eiquí síntese ben o pouco que é un home…
(Os Eidos, 1955)

Uxío Novoneyra (Parada de Moreda, Courel, 19 de xaneiro de 1930 – Santiago de Compostela, 30 de outubro de 1999) é un dos poetas máis importantes en lingua galega do século XX. Neste Día das Letras Galegas o poeta do Courel conta con múltiples homenaxes no que salienta a proposta multimedia de La Voz de Galicia. Nunha sección especial do xornal online pódense consultar vídeos onde se atopan testimonios de amigos e colegas do mundo das letras galegas como Salvador García-Bodaño, Tucho Calvo, Cesáreo Sánchez, Xesús Alonso Montero ou Xosé A. Ponte Far.

Antón Lopo fala aquí tamén, nunha entrevista, sobre  a súa reconstrucción novelada da vida de Novoneyra, titulada “A distancia do lobo”.

Por último, a páxina ofrece tamén seccións como a homenaxe que o mundo do cómic fai ao poeta, o roteiro de sendeirismo que o recorda no Courel, ou a peregrinaxe poética que se fixo o pasado 9 de maio na súa terra natal.

Ademais, este ano desde Prensa-Escuela ofrécese unha unidade didáctica realizada por Xosé A. Ponte Far que fai propostas para a clase centradas na obra poética de Novoneyra, e que se pode consultar na súa versión en pdf:

ou na versión en Powerpoint.

 Por último, La Voz ten tamén creado un mapa interactivo en Google Maps no que se marcan roteiros alternativos ao camiño xacobeo baseados no libro Os arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas:

Ver Os arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas, por Uxío Novoneyra nun mapa máis grande.
Pero outro ano máis o traballo realizado desde a escola, como este vídeo feito en colaboración polos CPIs dos Dices en Rois e da Baña, compite en calidade e interese co feito polos medios profesionais:

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Para finalizar, as sentidas palabras do seu fillo Uxío na homenaxe que se lle tributou no Courel o pasado 9 de maio:

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Ramón Piñeiro no Día das Letras Galegas

lunes, mayo 11th, 2009

Esta vindeira semana remata o domingo 17 coa celebración do Día das Letras Galegas, adicado este ano á figura do escritor e político Ramón Piñeiro López, fundador da editorial Galaxia e da revista Grial e primeiro presidente do Consello da Cultura Galega.

Moitas son as maneiras de honrar a súa memoria e unha delas pode ser un proxecto que publiquedes nos vosos blogs. As posibilidades dependerán do nivel e da disciplina, pero, de Infantil a Bacharelato, a aventura vital de Piñeiro ofrece moitas maneiras de revisitar os esforzos del e doutros galeguistas que, en plena dictatura franquista, foron quen de crear un plan de recuperación da lingua e da cultura galega.

A Rede aínda ofrece escasos recursos directos da laboura de Ramón Piñeiro, pero podemos comezar por oír as súas palabras directamente do Podcast do Arquivo Sonoro de Galicia, pertencente ó Consello da Cultura Galega que el mesmo axudou a botar adiante como o seu primeiro presidente de 1983 a 1990. Nesta páxina pódese acceder a dez gravacións de diferentes épocas da vida cultural e política do homenaxeado este ano no día das Letras Galegas como a seguinte, que reproduce parcialmente unha entrevista realizada arredor da famosa “mesa camilla” no seu domicilio de Santiago de Compostela no ano 1984:

Tamén atopamos a Ramón Piñeiro falando en castelán na Fundación Juan March sobre Rosalía de Castro en outubro de 1979:

 

Pero quizais un dos máis sorprendentes achados na rede é un documental feito por alumnos e profesores de primaria dos CPIs da Baña e Rois, que amosa que un bo proxecto e moito esforzo e dedicación poden levar a acadar un producto de calidade premiado pola Consellería de Educación como mellor Vídeo Educativo do ano:

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt