Entradas etiquetadas como ‘Nimbos’

Iníciase a semana das Letras Galegas 2014

lunes, mayo 12th, 2014

Este ano a celebración semanal das nosas letras esténdese ata o sábado 17, Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado a Xosé María Díaz Castro, autor do poemario Nimbos e do que  a continuación ofrecemos un dos seus metros máis coñecidos, Penélope, musicado e cantado por Mini e Mero, do grupo A Quenlla:

Unha versión que se pode completar co traballo videográfico sobre o poema, realizado polo alumnado do IES As Barxas de Moaña (Pontevedra):

Para completar esta introdución á figura de Díaz Castro propoñemos, unha vez máis, o magnífico Telexornal conmemorativo realizado polo alumnado do CPI dos Dices de Rois (A Coruña), que este ano se realizou en directo e en “streaming” desde a Cidade da Cultura:

Por último, e para rematar, recomendamos a completa páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística sobre o homenaxeado neste Día das Letras Galegas 2014:

 

Con estes materiais como punto de partida propoñémosvos que iniciedes hoxe mesmo un proxecto centrado na figura do poeta botando man de todas as informacións que atopedes na prensa e nos medios de comunicación para colgar durante e ao remate no blog os resultados do voso traballo.

Boa e proveitosa semana das Letras Galegas!