Entradas etiquetadas como ‘Xosé María Díaz Castro’

Balance da semana das Letras Galegas no blog

viernes, mayo 16th, 2014

Hoxe venres propoñemos unha actividade que busca extender esta semana das Letras Galegas máis aló do día de mañá sábado, dedicado á figura de Xosé María Díaz Castro, o autor de “Nimbos“.

O seu municipio natal, Guitiriz, homenaxeará o escritor co acto central deste día e no que participarán, entre outros, os fillos do autor, o presidente da Xunta e diversos escritores e artistas, entre os que se pode salientar ao Director da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, ós poetas e académicos Xosé Luís Regueira, Darío Xoán Cabana e Xosé Luís Franco Grande, á cantante María do Ceo ou aos poetas Luis Tosar e Luz Pozo.

Igual que ocorrerá mañá na vila chairega, propoñémosvos hoxe que fagades balance das celebracións realizadas no voso centro durante esta semana e de próximas actividades que se vaian realizar arredor da figura do poeta Díaz Castro ou de calquera outro evento levado a cabo dentro ou fóra da escola arredor da lingua ou da literatura galegas.

Feliz Día das Letras Galegas 2014!

 

Iníciase a semana das Letras Galegas 2014

lunes, mayo 12th, 2014

Este ano a celebración semanal das nosas letras esténdese ata o sábado 17, Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado a Xosé María Díaz Castro, autor do poemario Nimbos e do que  a continuación ofrecemos un dos seus metros máis coñecidos, Penélope, musicado e cantado por Mini e Mero, do grupo A Quenlla:

Unha versión que se pode completar co traballo videográfico sobre o poema, realizado polo alumnado do IES As Barxas de Moaña (Pontevedra):

Para completar esta introdución á figura de Díaz Castro propoñemos, unha vez máis, o magnífico Telexornal conmemorativo realizado polo alumnado do CPI dos Dices de Rois (A Coruña), que este ano se realizou en directo e en “streaming” desde a Cidade da Cultura:

Por último, e para rematar, recomendamos a completa páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística sobre o homenaxeado neste Día das Letras Galegas 2014:

 

Con estes materiais como punto de partida propoñémosvos que iniciedes hoxe mesmo un proxecto centrado na figura do poeta botando man de todas as informacións que atopedes na prensa e nos medios de comunicación para colgar durante e ao remate no blog os resultados do voso traballo.

Boa e proveitosa semana das Letras Galegas!