XORNAL DO 19 DE ABRIL

Hoxe só traballamos cos xornais a aula 5, os nosos compañeiros/as da aula 3 saíron de excursión (volveron ao Super!).

xornal 19 abril

Empezamos traballando na mesa, pero despois fomos para a pantalla dixital!.

Falamos de:

  • O tempo, a sequía e os incendios.
  • Das cousas que podemos facer cando hai bo tempo.
  • As galiñas tamén enferman (tamén falamos das galiñas e do que nos dan ás persoas).
  • Das autopistas (que son, quen pode circular por elas e de que hai que pagalas!

E  non nos dou tempo a falar de máis!!!!

SAÍDA AO SUPERMERCADO

Antes das vacacións de Semana Santa a aula 3 realizou unha saída ao Supermercado. Saímos do colexio e pillamos o autobús urbano cerquiña do cole.

1 2

Ao chegar o super fixemos a compra!

3 4 5 6

E a pagar!

7

Volvemos pillar o autobús para regresar ao cole!, que estaban esperando por nós os nosos compañeiros da aula 5 para traballar co xornal!

8 9

REXISTRO DO TEMPO

Na aula 5 tódolos días poñemos o tempo que fai.

1 2

Coa chegada da Primavera, e vendo que este tempo sigue estando un pouquiño toliño, estamos realizando un rexistro do tempo da Primavera. Esta estación empezou cun tempo malo (moita chuvia), pero despois chegou o Sol… e así rematamos as clases co inicio da Semana Santa.

22 222 2222 22222

Seguiremos a volta das vacacións!