ALUMNOS DE 5º e 6º DO CEIP O AREAL VENDEN RIFAS

Os alumnos/as do CEIP O Areal de 5º e 6º de Primaria, venderemos rifas durante estos días, polo noso pobo, para recaudar diñeiro para a excursión de fin de curso.

Estas papeletas costan tan só un euro e o premio será de un gran lote de conservas cedidas gratuítamente por Conservas Boya.

O premio gañarao aquel que teña a papeleta que coincida cós últimos tres números da lotería da ONCE do Venres 20 de Febreiro de 2015.

Esta tempada estamos realizando moitas actividades para poder ir de excursión de fin de curso a a un Camping de O Grove a facer actividades deportivas e na natureza.

Gustaríanos agradecerlle o agasallo a Cerdeimar e ao mesmo tempo animarvos a comprar unha rifiña. Que seguro que vos toca!!

Rifa

 

22

01 2015

Chegou o Nadal ao Colexio de Camariñas

Despois de un trimestre no que traballamos moitísimo, por fin nos imos de vacacións a disfrutar do Nadal

A primeira actividade que fixemos foi un concurso de tarxetas de Nadal, cada alumno/a de primaria e de infantil fixo unha postal relacionada co Nadal. Entre todas elas foi elixida como gañadora a da nosa compañeira de 6º  Marta Antelo Moreira. Postal que será enviada nestes días a todas as familias que teñan nenos no Ceip O Areal.

Se eres un alumno do colexio, busca a túa postal na presentación que hai no final da noticia, están todas menos a da gañadora, que será enviada a cada familia o último día de curso. Será unha sorpresa!!!

Outra das actividades que fixemos con relación ao Nadal foi a decoración do centro con diferentes cousas relacionadas có Nadal como por exemplo Papá Noeis, Árbores de Nadal ou Bólas. Para elo cada neno levou para a casa unha fotocopia en tamaño A3 destes obxectos e decorouna o mellor que puido coa axuda da súa familia. Podedes ver na presentación que acompaña a noticia algunha destas actividades.

Por último algúns dos cursos decoraron as súas portas con motivos navideños, por exemplo podemos destacar o Papá Noel forzudo de 5ºB, a Árbore de Nadal de 6º ou o Frozen na clase de Inglés.

Todas estas actividades podedes velas na seguinte presentación:

papa noel

 

Ademáis de todo isto, para celebrar que chegan as vacacións cada grupo do Cole vai a celebrar unha festa na súa aula este venres, e despois 20 días de vacacións!!!

Comentar tamén que o Martes 16 de Decembro celebráronse no colexio unhas charlas sobre o consumo responsable para os alumnos de infantil e para os grupos de 1º,2º,3º e 4º de primaria. Estas charlas foron impartidas polo Instituto de Consumo de Santiago e ensinábanlles que no Nadal non todo é consumir e comprar regalos caros. Os nenos deben aprender que os agasallos que reciben deben de ser seguros e útiles.

17

12 2014

OS ALUMNOS/AS DE 5º E 6º VENDEMOS BOLAS DE NADAL

Durante esta semana os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria estivemos fabricando bolas de nadal de forma artesanal con papel de alumninio, plásticos de colores e cintas.

Os nenos de 5º e 6º imos ir de excursión en fin de curso, e xa estamos intentando recaudar diñeiro para poder realizar o viaxe. Xa vendimos polo pobo o número da lotería de Nadal 57.121, que haber si toca!!!

E agora ocorréusenos fabricar bolas de Nadal e vendelas aos nosos amigos e coñecidos, por un precio módico de 1€ que nos axude a financiar esta actividade de fin de curso. Esperemos que vos gusten e colaboredes con nós comprando moitas bolas!!!

Nas fotos que vos mostramos podedes ver como traballamos na súa elaboración, e tamén como nos quedaron algunhas delas.

Diapositiva1Diapositiva2

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CURSO DE COOPERACIÓN

Por outro lado comentar que esta semana os alumnos de 5º de Primaria remataron un proxecto moi interesante sobre a colaboración e a cooperación. Na que aprenderon moitas técnicas para traballar en equipo e tamén a resolver conflictos que se soen xerar cando traballan moitas persoas á vez.

Nerea fíxolle unha pequena entrevista a compañeira Marta de 5º na que nos explica que tal o pasaron neste curso:

Noticia elaborada por:
Yanira Barcia
Nerea Santos

O NOSO PROXECTO

Nenos de 6º traballando no xornal

Neste proxecto que estamos a iniciar os alumnos/as de 6º Curso, farán de periodistas contando semanalmente no blog da aula aquelas actividades máis destacadas que se celebrarán no colexio.
A idea desta actividade surxiunos despois de que o ano pasado a maioría dos alumnos participasen no “Concurso ao mellor periodista infantil”, de La Voz de Galicia.
Esta actividade que facían en parellas gustoulles moito, e foi por elo que este ano decidín, conforme con eles, realizar unha actividade na que fagan de periodistas por sí mesmos, de forma que sexan eles mesmos os que elaboren a noticia, realicen entrevistas, saquen fotos e incluso publiquen no blog esta noticia.

Unha vez repasados os conceptos xerais de noticia, seccións, … imos a comezar a elaboración de noticias.

Para esta elaboración unha parella de alumnos elaborarán dixitalmente, nun documento de word a primeira noticia, para elo terán que redactala colocando tamén algunha foto, xa sexa sacada por eles ou buscándoa de anos anteriores no propio blog.

Comentar que a primeira noticia xa a publicamos no xornal camariñas.eu, para acceder a ela podemos pulsar 1ª Noticia Xornal

Nestes momentos os rapaces/as están traballando na prensa escrita, pero tamén pretendemos repetir actividades realizadas o curso pasado como eran a de entrevistar a un compañeiro, como podedes ver no seguinte vídeo: Entrevista sobre o San Valentín

Se queredes acceder á noticia pulsade aquí:  Qué pasa no cole? ou en Qué sucede no cole?

Moitos ánimos a todos/as

 

 

27

10 2014

Este curso os alumnos de 6º seremos de xornalistas

Este curso 2014-15 os alumnos de sexto iremos contando todo o que ocorre no colexio, todos estos sucesos escribirémolos tanto no BLOG DA AULA ,coma no xornal dixital www.camarinas.eu.

As noticias tratarán sobre proxectos que realicemos na nosa aula, sobre os sucesos importantes que pasen no resto do colexio e tamén contaremos todas as festas e celebracións que se fagan no centro.

O ano pasado realizamos un proxecto no que de dous en dous leíamos unha noticia de “La Voz de Galicia” e despois volvíamola a escribir e facíamos un debuxo sobre ela. Presentamos todas estas noticias a un concurso dese xornal, e inda que non conseguimos gañar gustounos moito facer de periodistas.

Este ano non queremos copiar unha noticia senón ser nós os que a fagamos dende o principio. Traballaremos por parellas e un de nós elaborará unha noticia e outro sacará as fotos para acompañala.

Esperemos poder publicar polo menos unha noticia cada semana e que guste a todos os lectores.

Noticia elaborada por: Alumnos/as de 6º

Fotografía sacada por: Mario Suárez

Fotografía sacada por: Alumnos de 6º  

21

10 2014

Presentación Comunidade Autónoma de Castela a Mancha

Para iniciar o curso póñovos unha nova presentación.

Neste caso da Comunidade Autónoma de Castela A Mancha.

Traballo realizado por Carol Ainhoa.

Diapositiva1

17

09 2014

Presentación fin de curso

Hola rapaces/as,

Como vos prometín aquí vos deixo o vídeo presentación que fixen para o fin de curso.

De novo gracias por un ano xenial, por ser tan traballadores e portarvos tan ben!!

Póster nenos

28

06 2014

Clasificación da aula dos Carteis do “LUMAREA”

No seguinte vídeo podemos ver a clasificación dos carteis, trala votación realizada na aula. Desta votación saíron os catro carteis que se presentaron para a votación final do “Lumarea”. Curioso que o gañador dentro da aula non foi nin o gañador final do concurso nin o segundo clasificado!!!

Felicidades a Borja, gañador final do concurso e a Laura polo seu segundo posto e a súa gran deportividade, sabendo aceptar os resultados e felicitando ao seu contrincante. E parabéns en xeral para todos polo traballo feito!!

PULSAR PARA VER VÍDEO

DCIM100MEDIA

05

06 2014

Presentación sobre a Comunidade Autonoma de Cataluña

Podedes ver por fin a primeira presentación das Comunidades Autónomas.

Trátase da Comunidade Autónoma de Cataluña, traballo realizado xenialmente por Nerea e Paula.

Diapositiva1

05

06 2014

Proxecto Unión Europea. España

Por fin publicamos un novo proxecto sobre un país da Unión Europea. Neste caso o noso propio país. España.

Esperamos que vos guste o traballo elaborado por Laura Alonso e Laura López.

Diapositiva1

22

05 2014