VIOLENCIA DE XÉNERO

iago.buceta

Violencia de Xénero

Neste traballo imos usar a abreviatura VDX para referirnos á violencia de xénero

A violencia de xénero é a violencia exercida hacia o sexo oposto, que normalmente é dos homes as mulleres.
A razón de exercer esta violencia é o menosprezo ó sexo contrario.

Índices de mortalidade por VDX

Os índices de mortalidade por violencia de xénero son moi altos, pois só no 2008 morreron 94 mulleres en España, e o peor é que, malia das moitas campañas que se fan, a cifra non diminúe, xa que no pasado 2009 producíronse aproximadamente 84 mortes por VDX.
En total, entre o 2000 e o 2010, morreron nada mais e nada menos que 842 mulleres tan só en España, pero tamén hai que ter en conta que o número de mortes que puxemos antes e tan só os que sairon na prensa, pero producíronse moitas máis casos aínda que non son coñecidos. Desta maneira a cifra podería chegar a cerca de 1000 mulleres.

Foto de un home exercendo a violencia machista.

Día contra a violencia de xénero
O día 25 de novembro é o día nacional contra a violencia de xénero, no que se fan manifestacións por diferentes puntos de España e se fai campaña contra a VDX, enfocada sobre todos ós menores, xa que os hai que concenciar para o seu futuro.



Sensibilización dos menores

Moitas veces dáse a VDX en matrimonios con fillos menores, facendo que estes consideren este acto normal e xustificable de forma que cando crecen poden chegar a efectuala, repetindo así o ciclo anterior.
Por iso mesmo hai que sensibilizar ós menores, para que comprendan que a VDX non é normal e que se debe evitar.
Entrevista


Nesta ocasión decidimos entrevistar a Mercedes Chaves,Abogada.

-Trataches moitos casos de VDX?
Cada tres meses e medio fago garda no turno do oficio, e o excepcional é que non haxa ningún.
-Cal foi o caso que máis che impresionou de VDX?
Dos que máis me impresionaron foron maltraton psicológicos.
-É habitual recibir, ou tratar casos de VDX?E de mulleres a homes?
Si bastante habitual. Non tratei ningún caso, nin coñezo a ninguén que o fixera.
-Que medidas recomendas para evitar a VDX?
O respeto mutuo.
-Que opinas das medidas penais tomadas contra os agresores?
Son suficentes e adecuadas, pero de todas formas hai casos que as mulleres usan os medios que lle da a lei para proveito propio.
-Cal é o perfil mais común dos agresores?
Non hai un perfil concreto, hainos de todas as clases sociais, con ou sen educación.
-Que lle recomendas facer as víctimas da VDX?
Denunciar ante todo, porque agora hai moitos mecanismos legais e sociais.


Marzo 3, 2010 | Deixe un comentario