O reino monera é un reino da clasificación dos seres vivos, considerado actualmente obsoleto pola maioría de especialistas.
Na influente clasificación de Margulis, significa o mesmo que procariotas, e así segue sendo usada en moitos manuais e libros de texto.
Este reino comprende entre 4.000 e 9.000 especies que habitan todos os ambientes. Son organismos microscópicos, formados por unha soa célula sen núcleo. Abarca dous grupos importantes: arqueobacterias e bacterias(que inclue as cianobacterias)