Un tsunami (do xaponés tsu: porto ou bahía, e nami: ola; literalmente significa ola do porto) é unha ola ou grupo de olas de gran enerxía e tamaño que se producen cando algún fenómeno despraza verticalmente unha enorme masa de auga. Calcúlase que o 90% destos fenómenos están son provocados por terremotos, neste caso reciben o nome de maremotos tectónicos. A enerxía dun tsunami depende da súa altura e da súa velocidade. Son frecuentes nas zonas costeiras, sobre todo no sudeste asiático, onde provocaron grandes desgracias.