O UNIVERSO
O universo é o continuo espazo-tempo en que nos encontramos, xunto con toda a materia e enerxía existentes nel. Idade: o universo ten 13.700 millóns de anos
AS GALAXIAS
Unha galaxia é un conglomerado de miles de millóns de estrelas como o Sol. Por exemplo a galaxia onde se encontra o noso sistema solar, chámase A Vía Láctea, e alberga 100 mil millóns de estrelas.
AS ESTRELAS
As estrelas son enormes aglomeracións de gas, principalmente hidróxeno, cuxa temperatura é tan alta debido á fusión deste elemento, que irradian luz ao longo de todo o espectroelectromagnético. Posúen diferentes temperaturas que varían dende os 2000 graos celsius ata os 50.000.
O SISTEMA SOLAR
O noso sistema solar encóntrase no brazo dunha galaxia espiral chamada A VÍA LÁCTEA a unha distancia de 30.000anos-luz do seu centro. A Vía Láctea está formada principalmente por 100.000 millóns de estrelas, agrupadas nun disco que dá voltas a unha velocidade de 1 revolución cada 300 millóns de anos.