
Denomínase radiación ultravioleta ou radiación UV á radiación electromagnética cuxa lonxitude de onda está comprendida aproximadamente entre os 400 nm (4×10-7 m) e los 15 nm (1,5×10-8 m). O seu nome provén de que o seu rango empeza dende lonxitudes de onda máis cortas do que os humáns identificamos como a cor violeta. Esta radiación pode ser producida polos raios solares e produce varios efectos na saúde.
A luz ultravioleta tamén é coñecida coloquialmente como luz negra. Para xenerar este tipo de luz úsanse unhas lámpadas fluorescentes especiais. Nestas lámpadas úsase só un tipo de fósforo no lugar dos varios usados nas lámpadas.
A maior parte da radiación ultravioleta que chega á Terra faino nas formas UV-C, UV-B y UV-A; principalmente nesta última, a causa da absorción por parte da atmosfera terrestre. Estes rangos están relacionados co dano que producen no ser humano: a radiación UV-C (a máis prexudicial para a vida) non chega á Terra ao ser absorbida polo oxíxeno e o ozono da atmosfera; a radiación UV-B é parcialmente absorbida polo ozono e só chega á superficie da Terra nun porcentaxe mínimo, pese ao que pode producir danos na pel.
Entre os danos que os raios ultravioleta poden provocar inclúense o cancro de pel, envellecemento desta, irritación, arrugas, manchas ou pérdida de elasticidade. Tamén poden desencadear lupus eritematoso sistémico.
A radiación UV é altamente mutaxénica, é dicir, que induce a mutacións. No ADN provoca dano ao formar dímeros de pirimidinas (xeneralmente dímeros de timina) que acortan a distancia normal do enlace, xenerando unha deformación da cadea.