A desaparición das abellas
By haizea1c, on febrero 24th, 2011
Chámase problema do colapso das colonias a un fenómeno da década dos anos 2000 polo que unha cantidade considerable de abellas obreiras dunha colmea desaparecen abruptamente. Aínda que estas desaparicións teñen ocorrido anteriormente ao longo da historia da apicultura, neste intre dase un crecemento alarmante do número de desaparicións nas colonias de abellas en todo o mundo.
Isto supón un grave problema económico, xa que moitos dos cultivos, en diferentes partes do mundo, son polinizados polas abellas



Son moitos as causas que se barallan como posibles no enigma da desaparición das abellas. Causas medioambientais ,como o emprego de pesticidas, o quentamento global, a aparición de especies de abellas foráneas etc..
Os científicos de todo o mundo móstranse moi preocupados ante a morte de tanta colmea, xa que a agricultura mundial depende de este pequeno e importantísimo insecto.
O futuro do noso planeta depende en gran medida de que sexamos capaces de parar a morte das colonias , tal vez teñamos que cambiar os nosos hábitos e de darlle unha oportunidade oa noso planeta.
Noraboa Haizea, xa tes a primeira entrada¡
GRACIAS MILVIA!!!!!