
Impulsado exclusivamente por enerxía solar, un barco único no mundo permanece atracado nas Illas Galápagos de Ecuador antes de continuar a súa viaxe arredor do mundo, co fin de fomentar o uso de enerxías renovables.
“O noso principal propósito é ensinarlle ao mundo que hoxe, e non mañá, temos a tecnoloxía e a enerxía para facer cambiar as cousas”, dixo o suízo Raphaël Domjan, deseñador do proxecto e líder da expedición.
“Tûranor PlanetSolar”, cuxo nome significa “A forza do sol”, segundo a linguaxe élfico extraida da novela “O Señor dos aneis”, é un catamarán de 31 metros de longo e quince metros de ancho cunha cuberta que alberga máis de 500 metros cadrados de placas fotovoltaicas, o que o converte no barco máis grande do mundo movido por enerxía solar.
Todo unha fazaña tecnolóxica e ecolóxica, xa que todos os elementos da nave, dende o motor, a calefacción ou os ordenadores, funcionan mediante a electricidade xerada pola luz do Sol.