0

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015: XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE

Posted by pilarvazquezcastro on 15 Maio, 2015 in Sin categoría |

Presentación feita polos alumnos e alumnas de PDC para lembrar a figura do “vello profesor” 

0

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Posted by rubenrey00 on 14 Maio, 2015 in Sin categoría |

Esta semana estamos a celebrar o Día das Letras Galegas no noso colexio con diferentes actividades para coñecer a vida e obra do autor Xosé Filgueira Valverde ao que se lle dedicaran o próximo domingo 17 de maio.

Estamos facendo lectura de textos, elaBoración de power points, e facemos un concurso dun marcapaxinas cunha semblanza do autor.

Mañá rematarán os actos coa visita aos alumnos  de primaria do autor Antón Cortizas, que acudirá de novo á Biblioteca do centro .

Na imaxe podedes ver como traballamos coa exposición da Xunta de Galicia sobre o autor, que está no corredor do centro.

Etiquetas:

0

Fene celebrou este venres O Día Internacional da Muller cun Maratón de Lectura

Posted by rebecafernandezamado on 9 Marzo, 2015 in Sin categoría |

A casa da cultura de Fene celebrou este venres,dia 6,o Dia Internacional da Muller cun Maraton de letura de obras escritas por mulleres a cargo de escolas do municipio ,asi como dunha mesa redonda na que participaran veciñas do municipio que contribuiron a escribir a historia de Fene.

O alcalde de Fene ,Gumersindo Galego,foi o encargado de inaugurar no Salon dos Actos da Casa da Cultura  o maraton da lectura Fene,Lendomullleres Acompañado pola concellería de igualdade Juana Barro 

A nosa clase tamén participou no maratón,  lendo poemas de autoras galegas como: Maria lado, marica campo ou Marta dacosta, entroutras.

0

Xunqueirobot

Posted by lydiarivasperez on 9 Marzo, 2015 in Sin categoría |

Os alumnos de 4º da ESO de tecnoloxía participaron nun concurso de First Lego League, no que consiste nun proxecto científico e diseño e programación robótica.

-Proxecto científico: Os equipos deben realizar un traballo de investigación no que aportan unha solución innovadora a un problema real relacionado co tema proposto.

-Diseño e programación do robot: O robot ten que superar diversas probas nun tableiro de xogo.Teñen que conseguir facer as probas nun tempo máximo de 2 minutos e 30 segundos.

Os alumnos de Xunqueirobot presentáronse no primeiro concurso de FLL en Esteiro na que os alumnos tiveron que facer as diversas probas, e víronse asombrados polo seu primeiro posto, e paso a final nacional que  se celebrará os días 21,22 e 23 en Santa Cruz de Tenerife  No caso de gañar podrán elixir entre ir ao Europeo ou Mundial.Moita sorte!!!!

0

EXCURSIÓN SOTAVENTO 3ºESO

Posted by rubenrey00 on 23 Febreiro, 2015 in Sin categoría |

Os alumnos e alumnas de 3ºda ESO, fixeron unha visita a Sotavento Galicia (Xermade, Lugo).

Sotavento é un parque eólico experimental onde nos ensinaron:

Unha vivenda bioclimática onde nos explicaron as diferentes maneiras de aforrar enerxia, a casa estaba orientada  ao sur xeográfico para aproveitar os raios do sol. Na casa tiñan piso radiante, aproveitaban a auga do lavabo que ía por unha tuberia para utilizala na bomba da cisterna do vater. O sistema de calefacción era por pelets que son mas barátos co gasoil. 

Tamén nos mostraron un Eólico por dentro pero só subimos uns 3 metros por seguridade, ata onde se acumulaba toda a enerxía , onde habia un botón que paraba o eólico e entre risas dixo “Coidado non darlle ao botón que senón o  meu xefe perde enerxía e iso e perder diñeiro e de aquela auméntase a cola do paro”.

E na casa principal tiñan as oficinas dos eólicos onde tiñan todos os datos, tamén un coche 100% electrico que  nos chamou moito a atención.

Foi unha saída moi interesante que sen ninguna dúbida repeteríamos.

0

Visita Da Unidade De Transplantes

Posted by michelle on 23 Febreiro, 2015 in Sin categoría |

O mércores 28 de xaneiro viñeron ao noso colexio a darnos una charla da Unidade de transplantes.Eran dous homes :un era médico e o outro estaba transplantado do figado e páncreas.
O home transplantado nos explicou que se sentía moi orgulloso de que lle transplantaran o páncreas xa que no mundo só se transplantaron 3.
O medico nos contou que o primeiro transplante de corazón se fixo a unha persoa o 3 de decembro de 1967 en Sudafrica o doutor Barnard.
De un doante falecido (depende da morte que tivera o falecido)pódese transplantar ata a sete persoas distintas.Tamén  nos contou que se necesitas un transplante e tes un irmán xemelgo seria 100% compatible en non terías que tomar ningún tipo de medicamento.

0

Visita dos exparlamentarios o martes 13 de xaneiro de 2015

Posted by lydiarivasperez on 22 Xaneiro, 2015 in Sin categoría |

O Parlamento de Galicia e a Asociación de exparlamentarios organizaron unha charla-coloquio no CPI A Xunqueira, San Valentín, Fene.

Nesta charla participaron os exputados Ángel Ramón Mesa Torreiro (PP de G), Antonio Campos Romay (PS de G-PSOE) e Carlos Fernando Branco Parga (BNG).

Nas charlas-coloquio,os alumnos dos centros educativos galegos poden coñecer de preto o traballo que se desenvolve no Parlamento de Galicia.

Os exparlamentarios relataron en qué consisten as funcións da Cámara autonómica, a súa composición e órganos, e contestaron a todas ás preguntas que fixeron algúns alumnos, por exemplo: “Como se sae da crise?” “Como se fai unha lei?”. Ao principio proxectouse un vídeo, que ensina o percorrido pola realidade da principal institución política de Galicia.

1

Un vendedor de pañuelos en Sevilla devuelve una cartera con miles de euros.

Posted by Juan Carlos on 12 Decembro, 2014 in Sin categoría |

Ocurre en Sevilla, cuando un vendedor de pañuelos ambulante encuentra en un semáforo un maletin. Al entregarlo a la policia vieron dentro del maletín un sobre con 3150 euros en efectivo, y cheques con valor de 13000 euros. La policía de este lugar agradece la honrradez de este ciudadano, de origen Nigeriano. El dueño del maletín lo ha recogido y le ha   agradecido al que lo encontró, también ofreciéndole 100 euros auque éste lo rechazó, pero insistió y se lo metió en el bolsillo.

Me parece una noticia muy buena :un ejemplo a seguir.

Etiquetas:

1

Concurso O Preguntón

Posted by michelle on 12 Decembro, 2014 in Sin categoría |

Aquí vos deixo o vídeo da entrevista sobre o concurso O preguntón que lle fixemos Alicia e máis eu a Blanca a profesora de tecnoloxía.Esperamos que vos guste.

Etiquetas:

1

Os dereitos do neno

Posted by pilarvazquezcastro on 11 Decembro, 2014 in Sin categoría |

Onte día 10 de decembro celebrouse o Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, nós fixemos coas noticias da prensa un seguimento dos dereitos do neno que podedes ver na seguinte presentación:

Copyright © 2014-2019 E logo que foi? All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.