Poema
TRISTE NOTICIA
Segundos de incertidumbre,
triste noticia llegó,
palpitaciones tenues,
lágrimas de dolor.
No volvimos a verte,
no nos dijimos adiós,
el azar echó tú suerte,
y el destino la cumplió.
Tú voz era como del fuego una llama,
que muy poco a poco se va consumiendo…
y se apaga.
Adriana Torreiro Otero. 1ª ESO
Primeiro premio
Entrepontes acada o primeiro premio no concurso de La Voz de Galicia na modalidade de Mellor Periodista Xuvenil ca entrevista que fixemos ao presidente da Real Academia Galega, Xosé Lúis Méndez Ferrín.
A encargada de representar ao grupo que desenvolvíu o proxecto de investigación do Departamento de Normalización Lingüística foi a alumna Uxía Silva García de 4ª de ESO.
Moitas felicidades polo recoñecemento acadado entre os máis de 5000 traballos que se presentaron a concurso. Enhora boa a todo o grupo!

Foro de profesores
QUE SE PODE DICIR DAS MATEMÁTICAS?
Juan Rodríguez Campos
Toda persoa cun mínimo de inquietude leva dentro de sí unha idea do valor e da importancia que as matemáticas teñen na súa propia vida, na vida en sí, na investigación e innovación e como ferrementa fundamental para entender o funcionamento deste mundo e incluso de outros posibles mundos.
Ó longo da historia, persoaxes que tiveron moita relación coas matemáticas deixáronnos unha perspectiva da súa concepción das mesmas mediante comentarios como os que se relacionan a continuación:
“As matemáticas son o alfabeto co que Deus escribiu o Universo”. “As matemáticas son a linguaxe da natureza.” Galileo Galilei
“A matemática é a ciencia da orde e a medida, de belas cadeas de razoamentos, todos sinxelos e fáciles.” René Descartes
“Todo saber ten de ciencia o que ten de matemática.” Henri Poincaré
“A música é o placer que experimenta a mente humana ao contar sen darse conta de que está contando.” Gottfried Leibniz
“Cabaleiros, isto é sen dúbida certo, é absolutamente paradóxico, non podemos comprendelo e non sabemos o que significa, pero demostrámolo e, polo tanto, sabemos que debe ser verdade.”Charles Sanders Peirce
“Só nas ciencias matemáticas existe a identidade entre as cousas que nós coñecemos e as cousas que se coñecen en modo absoluto.” Umberto Eco
“Se quixésemos obter a certeza sen dúbidas e a verdade sen erros, haberiamos de basear o noso coñecemento nas matemáticas.” Francis Bacon
Opinamos sobre economía
CRISE!!
Fanny Sánchez Pérez
Sobre o ano 2008 os políticos comezaron a darse conta de que estabamos nunha grave crise económica a nivel mundial. Aínda que, parece ser, que a cousa comezou nos Estados Unidos de América.
Según os entendidos, algunhas das causas que provocaron esta crise foron os altos prezos das materias primas, aínda que sobre isto, a miña opinión, coa que seguramente estará de acordo a maior parte das persoas, é que as materias primas encarécenas os intermediarios, o que leva á sobrevaloración dos produtos e fai que as persoas en situacións económicas precarias non podan ter acceso ós alimentos de primeira necesidade. A elevada inflación monetaria e a ameaza dunha recesión a nivel mundial, así como a crise crediticia, hipotecaria e de confianza nos mercados, contribuíu a agravar a crise.
En España, repercutiu de forma moi importante a crise da construción e moitas industrias, que fixeron despidos masivos de traballadores. Naturalmente, naceu a inquietude por un presente e un futuro incerto entre a xente traballadora, que pasou de ter unha nómina coa que facer fronte os gastos que causa a vida diaria e familiar a quedarse na calle, moitas veces tendo que facer fronte as hipotecas dos seus pisos.
Para solucionar a crise necesitase moito sentido común e madurez. Non se trata de poñerse a construír pisos si non hai a quen venderllos nin tampouco se poden fabricar miles de automóbiles si só se compran uns centenares cada ano. As familias modestas, que son a maioría, non cambian de coche con frecuencia.
Na miña opinión, creo que si todos os políticos se conformaran con un soldo digno, roubaran menos, se dedicaran a saír menos nos medios de comunicación botándolle as culpas uns ós outros, e TRABALLARAN MÁIS tratando de buscar solucións, pronto sairíamos da crise.
Hai que animar e apoiar a sectores que poden dar traballo a moita xente, como a agricultura, piscicultura, gandería, reforestación de bosques, reciclaxes, etc.
Opinamos
O GRAN FRACASO DA ENSINANZA ESPAÑOLA
Miguel Cruz Martínez e Brais Abeijón Pazos
A educación é a clave do estado de benestar, a cal é unha actividade organizada co fin de axudar a mutua adaptación dos individuos e do seu entorno; ésta é necesaria para un bo desarrollo e progreso dun país.
Comparación da educación española frente a OCDE (Organización para a Coordinación e o Desarrollo Económico):
• Excesivo pago ós profesores e menos subvencións hacia os alumnos. Por exemplo, na educación secundaria española invírtense 7.211 dólares por alumno mentras na OCDE son 7.700, e no caso dos profesores os salarios son un 20 % superior á media da OCDE.
• O Goberno Central financia solo o 12,6% da educación, frente a unha media do 49% da OCDE.
• A diferenza entre os salarios dunha persoa que ten a secundaria superior e outra que ten a básica é dun 32% en España mentras que na OCDE é do 52%.
En España solo o 10% dos fillos de pais sen estudos empezan unha carreira e pagan cas súas matrículas, entre o 10% e o 20 % do coste dos seus estudos na universidade pública. Esto demostra que os incentivos e as subvencións á educación están mal diseñados. Esto conleva que máis do 30% dos alumnos da ESO non a rematen mentras que un 30% dos alumnos da universidade tampouco acaben os seus estudos, e outro 30% os rematen dous anos máis tarde. Este derroche podría dedicarse a mellorar a calidade da educación.
Para poder evitar esto o Goberno propón que paguen máis os que suspendan, xa que esto axudaría a solucionar as elevadas tasas de repetición e de abandono, ademáis incrementaríanse as becas e as axudas.
Reseña
El Cuento Número Trece.
a) Ficha bibliografica completa
Autor : Setterfield, Diane
Titulo y Subtitulo : El Cuento Número Trece
Edición : 1ª (Abril 2007)
Lugar de Edición : Barcelona
Editorial : Random House
Núm. De Páginas : 473
Localización de la obra : Inglaterra
Diane Setterfield nació en Berkshire , Inglaterra, el 22 de agosto de 1964. estudió literatura francesa en Bristol. Fue profesora en varios centros en Inglaterra y Francia. En los 90, dejó la ocupación universitaria y se dedicó a escribir el libro, mientras enseñaba francés a nivel particular.
Es una novela gótica y de suspenso, con influencias de las hermanas Brontë y otros clásicos.
Tiene 473 páginas. Quizás haya gente a la que le resulte difícil, pero a mi me enganchó desde el primer momento y fue una lectura muy rápida en ese sentido.
Es muy interesante, personalmente lo recomendaría, pero puede que no guste a todos.
Sobre todo me impresionó todo el tema de lazos familiares y como la autora consigue retorcerlos hasta crear una historia impresionante.
Quizás no es recomendable para menores de 13 años, pero todo depende de la persona y de su forma de ser. Yo lo leí con esa edad y no me canso de releerlo.
Me gustó mucho. Como ya dije antes, es una historia sumamente interesante y que engancha desde el primer momento. No me canso de volver a esa historia una y otra vez. Es fantástica. Le daría un 10.
(Iria Iglesias Martínez , 3ºA)
Foro de profesores
EDUCACIÓN: ¿LIBERTAD O SOJUZGAMENTO?
J. Manuel García Rey
La educación no necesita escuela, si entendemos como tal la organización institucionalizada con fines didácticos. Sin embargo, en un sentido lato, la escuela existió en todas las sociedades, acompañándolas como un valor primario. Pero la escuela de la que hablo no es exclusiva del padre, la madre y otros adultos cualificados pues todo hecho social, todo objeto cultural educa, ya sea la organización de los medios de producción o el tipo de vestimenta que se lleva. La escuela institucional y sistemática es tardía en unas sociedades que educaban para reproducir un statu quo, unas costumbres, una forma de conocer el mundo.
Familia, sociedad y estado forman tres niveles recíprocos en los que los distintos aspectos de cada uno de ellos tienen representación en el otro, pero no coinciden siempre (¿deberían hacerlo?). La sociedad tal como la concebimos hoy, no podría funcionar sin la escuela institucionalizada (algunos sueñan con llevar la obligatoriedad de la enseñanza hasta los 20 años) porque un altísimo porcentaje de roles requieren un aprendizaje puntual. Pero fue siempre la educación familiar y social la que propuso la parte más importante de los convencionalismos: saludar, distinguir clases sociales e, incluso, simpatizar con un equipo de fútbol o un partido político. Y uno de los problemas importantes hoy gira en torno al papel familiar en el desarrollo del individuo. Entonces la familia colabora con la escuela (o no), con la cosa mediática (o no), etc. Ahora mismo da la impresión de que la familia delega su función, está insegura, temerosa, desorientada.
Que la educación de la escuela sea convencional nos lleva al territorio de la libertad y de la sumisión. El convencionalismo puede ser en un principio gratuito, no así una vez institucionalizado. Como si se tratara de un problema teleológico, podría plantearse en estos términos: educar para la libertad o para la sumisión. Y ante tal oposición salta a la vista la necesidad social de someter (meter en el cuerpo social). Y esto es, antes que nada, un hecho económico: conseguir los mejores resultados (para la sociedad) con los medios menos costosos. No es seguro que esta hipótesis se verifique en el total de los casos; si así fuera, habría que considerar los roles y no los individuos. Lo que sí resulta claro es que la educación comienza a impartirse antes de que la persona esté capacitada para aceptarla o rechazarla; de esta manera, el individuo se ve ahormado por un orden social y unas jerarquías que fatalmente acepta, aunque haya puesto a veces a prueba la resistencia de la autoridad.
Pero la escuela posee niveles que no se abren a todos; hablo, grosso modo, de dos tamices: el de la aptitud y el del poder. Se trata de dos filtros protectores de los niveles más altos en los que el poder se hace más estable y pertenece a pocos. Sin embargo, el segundo tamiz se vuelve muchas veces más efectivo y fuerte, favoreciendo a individuos escasamente aptos pero que resultan beneficiosos para el poder. Los ejemplos pueden extraerse con facilidad de los campos institucionales públicos: la universidad, los ministerios, etc.
Hay que concluir, entonces, destacando el íntimo maridaje existente entre sociedad y educación, relación esta que dificulta enormemente las manifestaciones originales no institucionalizadas (en este país no existen los exámenes por libre, por ejemplo). Lo individual se ve trascendido por una maquinaria que se sostiene a sí misma. Es el sistema que prevalece. La educación no lleva entonces un impulso aperturista sino de cierre, le da consistencia a ese sistema, anclaje, estabiliza en definitiva una manera de conducirse en el mundo.
Vista así desde arriba -desde el poder- y no desde abajo -la democratización verdadera-, la educación no puede resultar igualitaria ni justa, sino más bien aplastante.
Foro de profesores
SEMPRE EN POSITIVO
Julio Caamaño Pérez
Toca o timbre, entramos na aula, o alumnado séntese “ALUMNADO”, o profesorado séntese “PROFESORADO”. Esto, que parece un feito normal ca súa rutina diaria, non sempre é así, pois non tódolos días entramos na aula ca vontade de APRENDER.
As primeiras “olladas” dos primeiros días do curso imprimen en nós unha forte pegada, que na maoría das veces, vai formar parte da relación entre o alumnado e profesorado ó longo do curso. As miradas, os xestos, as expresións (non sempre doadas de captar,) as primeiras verbas, etc., van a formar parte neste intre dun significado máis amplo no que dan resposta ós continuos interrogantes xurdidos no curso.
A difícil tarefa que se lle presenta ao alumnado, está directamente afectada pola difícil tarea do profesorado, moitas veces, parece que non temos o mesmo obxectivo. A exisencia do profesorado, o seu énfasis, produce en moito do alumnado unha valoración pouco equilibrada do seu traballo, implica unha desproporción na adicación ás materias por parte do alumnado, amósanos a confusión na que se atopa.
Profesor, dígame, cantas horas lle teño que adicar a ésta materia? Tería que adicarlle máis tempo ás materias de maior presenza semanal? Non me chegan as horas do día!
Posiblemente a resposta é variada, pero de seguro que non é doada e empezaríamos con aquelo de que… depende de cada un… eu creo que…
Tamén eu fago preguntas, sería posible que o alumnado racionalizara os seus esforzos?
Xa fai algúns anos, nunha conversa entre profesores, alguén dixo : “non vos preocupedes tanto por estas cousas, O ALUMNADO SAIRÁ ADIENTE A PESAR DO PROFESORADO”. De verdade que quedei un pouco pensativo, pero, hoxe prefiro pensar que “O ALUMNADO SAIRÁ ADIANTE CA AXUDA DO PROFESORADO”
Foro de profesores
EDUCACIÓN ESPECIAL
Elda López e Eva Fernández
Se falamos de educación especial haberá unha gran maioría de persoas que non saiban que dicir, outras que opinarán axeitadamente e unha parte fará comentarios erróneos… Por iso deberiamos profundar en: que é a educación especial, a que alumnado atende…?, tendo en conta que no noso centro hai unha aula específica que escolariza a seis alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais, (NEE).
Seguindo á LOE, a educación especial está destinada ó alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, entendendo por estas ás dificultades específicas de aprendizaxe debido a altas capacidades intelectuais, incorporación tardía ó sistema educativo español, condicións persoais ou de historia escolar desfavorables ou NEE derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta. A súa escolarización en aulas de centros ordinarios ou centros específicos será ata os 21 anos podendo haber un máximo de 5 alumnos e alumnas por aula e estando o alumnado integrado tanto académica como socialmente.
“A administración dotará ó centro de recursos persoais, materiais e organizativos axeitados a cada alumno ou alumna así como as súas necesidades”.
Poderíamos seguir coa teoría pero hai que baixar á práctica e ser crítica tendo en conta a miña labor como mestra de educación especial nun centro ordinario con aula específica e na cal traballamos catro profesionais con dúas alumnas e catro alumnos con necesidades educativas especiais.
Pensamos que a labor con estes alumnos é enriquecedora e calquera pequeno logro acadado é positivo e da ánimos para seguir traballando. Pero falta moito por lograr a gran escala: máis implicación do profesorado, das administracións en canto a dotación de material…, en xeral máis implicación da sociedade para que estes alumnos podan alcanzar o máximo nivel de integración.
Polo tanto: INFORMÉMONOS, REFLEXIONEMOS e ACTUEMOS.
Foro de profesores
ADORMECID@S POLAS MENTIRAS
Rosa Conde
Lembrades as páxinas e páxinas dos xornais que nos mostraban o poderoso e temíbel exército de Sadam? Lembrades que o “eixo do ben” ía liberar as mulleres afgás do burka? Lembrade só iso, sen entrar en análises máis profundas, que as hai, e sen perder de vista o que tod@s sabemos: que era o poder (económico sería aquí unha redundancia) o que estaba/está a rapinar gas e petróleo sen se importar dos “danos colaterais”.
Lembremos algo máis próximo, os “fíos de plastilina”, que non chegaron a ser unha verdade mediática porque 70.000 toneladas de cru son moitas toneladas, sobre todo se se empeñan en deixarse ver. Pero non vou falar das falsidades de algúns políticos, só sinalar como os medios de “comunicación”, que forman parte dese poder e se benefician del, traballan para nos ter adormecidos.
Outra noticia/doutrina repetida nas últimas semanas é a de que a crise a temos que pagar entre todos e todas. E quen somos tod@s?: o funcionariado, as persoas dependentes, os traballadores (coa suba do IVE). Temos que ser solidarios… cos bancos e cos que teñen cartos dabondo para especular con esa riqueza virtual que é a bolsa e que tanto está a afectar nas vidas dos que non nos beneficiamos dela.
Estou segura de que coñeceredes moreas de exemplos. E moit@s pensaredes, si, xa sabemos que nos intentan manipular e dicirnos o que temos que pensar. Si, contan moitas mentiras. Crémolas? Depende. Hai moita xente que non está disposta a deixarse adormecer e decátase e entristécese sabendo que hai moitos pobos no mundo que sofren a inxustiza de ser espoliados dos seus recursos naturais (gas, petróleo, diamantes, minerais, madeira…), de ter os seus fillos explotados (prostitución, traballo infantil…), pobos aos que se lles está a impoñer unha globalización que só os prexudica e destrúe… Non vos conto nada novo.
Pero outra cousa é o tema da lingua. Aí si que a moitos lles cadrou ben a mentira da imposición. Aos que cargan nas súas costas un auto-odio que non conseguen esconder porque a fonética os traizoa, aos que sempre din “es que no me sale”. Nunca lle atopei sentido a ese intento de xustificación. Unha lingua non sae ou deixa de saír de algún lugar etéreo, fálase. É un acto comunicativo que depende da vontade. Mais volvendo aos “medios” hai dous anos un xornal madrileño comezaba a publicar novas/credo nas que se falaba dunha policía lingüística que reprendía ao noso alumnado polos corredores dos centros se non falaban galego e que estes só tiñan liberdade lingüística cando saían do instituto. Era tan esperpéntico que pensei que non faría dano. Porén, hai menos de un ano vin no telexornal das 2:30 na TVG o testemuño dunha muller que dicía que o seu fillo era perseguido e coaccionado na escola por falar español. A muller estaba de costas para evitar “represalias”…
E xa temos aquí a noticia/mentira: a “imposición” da lingua propia (un moi bo exemplo de paradoxo) por un grupo de extremistas. Non lles chegaba cos preconceptos gravados en nós durante séculos como que o galego é unha lingua vinculada ao rural e ao atraso!!! Porque debe ser certo. Está demostrado empiricamente que se intentamos empregar un rato ou abrir un arquivo o ordenador colapsa. E se lle dicimos a un médico que nos doen os cadrís non nos pode curar porque… os cadrís non existen. E, segundo se rumorea nas aulas da ESO, que non sei se será unha lenda urbana, os pobres estudantes que queiran conseguir un día un Erasmus non poderán comunicarse en inglés, francés, alemán, porque a aprendizaxe e o uso da lingua galega, da nosa lingua, atrofia as neuronas, creo que tamén colapsan. Din que é certo, que se falas galego quedas mentalmente incapacitado para ir máis alá de Pedrafita. Éche unha boa mágoa!
Non importa para nada a verdade. Sabemos cal é a lingua que predomina no mundo empresarial, na Universidade, nos tribunais, nos hospitais, etc. As estatísticas falan dunha continua perda de falantes entre a xente nova. Entón que nova mentira nos están contando? Só temos que abrir os ollos e as orellas para concluír que outra vez máis nos toman por parvos.
Porén, que a estratexia lles funcione ou non vai depender de nós. Non é fácil ir loitar contra inxustizas que nos quedan máis afastadas. Mais aquí temos unha. Porque “unha lingua é indisociábel á comunidade que a fala” e reflicte as circunstancias sociais e naturais específicas desa colectividade. E o galego fixémolo/facémolo nós, é a noso patrimonio máis valioso. A súa continuidade está condicionada a que os xoves a aprendan, utilicen e valoren, e non é necesario salientar a importancia do seu emprego no ensino.
“Un pobo que non se respecte a si mesmo xamais conseguirá ser respectado polos demais. Un pobo que crea que a súa cultura propia é unha limitación, e que só é posible alcanzar a dignidade asimilándose a outros pobos e a outras culturas é un pobo disposto a asinar o seu propio certificado de defunción”
“Plurilingüísmo: ¡Benvido, Mr. Marshall!” firgoa.usc.es/drupal/node/45116 13/01/2010
José Carlos Bermejo Barrera.
Catedrático de Historia Antiga na USC
De nós depende. De termos a vontade de facer unha defensa activa da lingua. De pelexar polo dereito a que non desapareza, a que non nola neguen. Exixindo o dereito a transmitila ás novas xeracións. Reclamando respecto por ela. Falándoa.