Opinamos sobre economía

mlorenzo

CRISE!!

Fanny Sánchez Pérez

Sobre o ano 2008 os políticos comezaron a darse conta de que estabamos nunha grave crise económica a nivel mundial. Aínda que, parece ser, que a cousa comezou nos Estados Unidos de América.
Según os entendidos, algunhas das causas que provocaron esta crise foron os altos prezos das materias primas, aínda que sobre isto, a miña opinión, coa que seguramente estará de acordo a maior parte das persoas, é que as materias primas encarécenas os intermediarios, o que leva á sobrevaloración dos produtos e fai que as persoas en situacións económicas precarias non podan ter acceso ós alimentos de primeira necesidade. A elevada inflación monetaria e a ameaza dunha recesión a nivel mundial, así como a crise crediticia, hipotecaria e de confianza nos mercados, contribuíu a agravar a crise.
En España, repercutiu de forma moi importante a crise da construción e moitas industrias, que fixeron despidos masivos de traballadores. Naturalmente, naceu a inquietude por un presente e un futuro incerto entre a xente traballadora, que pasou de ter unha nómina coa que facer fronte os gastos que causa a vida diaria e familiar a quedarse na calle, moitas veces tendo que facer fronte as hipotecas dos seus pisos.
Para solucionar a crise necesitase moito sentido común e madurez. Non se trata de poñerse a construír pisos si non hai a quen venderllos nin tampouco se poden fabricar miles de automóbiles si só se compran uns centenares cada ano. As familias modestas, que son a maioría, non cambian de coche con frecuencia.
Na miña opinión, creo que si todos os políticos se conformaran con un soldo digno, roubaran menos, se dedicaran a saír menos nos medios de comunicación botándolle as culpas uns ós outros, e TRABALLARAN MÁIS tratando de buscar solucións, pronto sairíamos da crise.
Hai que animar e apoiar a sectores que poden dar traballo a moita xente, como a agricultura, piscicultura, gandería, reforestación de bosques, reciclaxes, etc.

 

 

 

Xuño 7, 2010 |   Etiquetas:,

COMENTARIOS

 

Trackback URI | Comentarios RSS

Deixe unha resposta