Foro de profesores
QUE SE PODE DICIR DAS MATEMÁTICAS?
Juan Rodríguez Campos
Toda persoa cun mínimo de inquietude leva dentro de sí unha idea do valor e da importancia que as matemáticas teñen na súa propia vida, na vida en sí, na investigación e innovación e como ferrementa fundamental para entender o funcionamento deste mundo e incluso de outros posibles mundos.
Ó longo da historia, persoaxes que tiveron moita relación coas matemáticas deixáronnos unha perspectiva da súa concepción das mesmas mediante comentarios como os que se relacionan a continuación:
“As matemáticas son o alfabeto co que Deus escribiu o Universo”. “As matemáticas son a linguaxe da natureza.” Galileo Galilei
“A matemática é a ciencia da orde e a medida, de belas cadeas de razoamentos, todos sinxelos e fáciles.” René Descartes
“Todo saber ten de ciencia o que ten de matemática.” Henri Poincaré
“A música é o placer que experimenta a mente humana ao contar sen darse conta de que está contando.” Gottfried Leibniz
“Cabaleiros, isto é sen dúbida certo, é absolutamente paradóxico, non podemos comprendelo e non sabemos o que significa, pero demostrámolo e, polo tanto, sabemos que debe ser verdade.”Charles Sanders Peirce
“Só nas ciencias matemáticas existe a identidade entre as cousas que nós coñecemos e as cousas que se coñecen en modo absoluto.” Umberto Eco
“Se quixésemos obter a certeza sen dúbidas e a verdade sen erros, haberiamos de basear o noso coñecemento nas matemáticas.” Francis Bacon