Entrepontes na entrega de premios de El País de los Estudiantes
Posted by marcoscalaza on junio 20, 2012

A revista Entrepontes participou este ano no programa didáctico El País de los Estudiantes. A elaboración do xornal inclúe diversas entrevistas, artigos de opinión e reportaxes que tamén serán publicadas na revista impresa Entrepontes. Os traballos de redación versan sobre unha reportaxe do marisqueo con diversas entrevistas, a entrevista a Luz Casal, a entrevista a Chus Lago, a Campaña de solidariedade coa nena Paula e a entrevista a Antía Cal. Á espera da edición impresa da revista os lectores do blog poden consultar estas pezas xornalisticas nas entradas do blog.
O xoves, 28 de Xuño, o equipo de redación da revista e dous profesores, en representación de Galicia como un dos xornais finalistas da comunidade achegarémonos á entrega de premios que o xornal El País organiza en Madrid.