Sobre Nós
O equipo de redacción da revista Entrepontes do IES Campo de San Alberto de Noia utilizará este blog para colgar todos os traballos que se vaian facendo ao longo do curso. Aquí atoparanse vídeos e gravacións sonoras das entrevistas e crónicas das investigacións levadas a cabo polos diferentes equipos e calquera material complementario que non se poida imprimir no formato final de papel.
Aquí nos tendes a todos nunha visita didáctica que fixemos a os medios de comunicación en Santiago. Nesta foto estamos con Gayoso na TVG.

Comité de redacción da revista Entrepontes
E nesta outra…

Con Nacho Mirás na redacción da Voz de Galicia