subscribe to the RSS Feed

Wednesday, May 22, 2013

A miña opinión sobre o traballo do día a día na revista.

Posted by saramolinos on enero 23, 2012

Empezarei por dicir o máis importante de todo, que será a clave para  entender esta nova entrada: nunca participei nun  proxecto como este, pero doume conta de que é unha oportunidade única.

Agora comezaremos a facer as nosas entrevistas e traballos, que será realmente o máis emocionante da revista, teño moitas gañas de comezar a traballar en  isto.

De momento, non podo dicir moito máis sobre ela, pero espero que pronto poda volver a publicar unha entrada coa miña opinión sobre como foi o traballo cunha compañeira miña.

Será unha experiencia que non se poderá comporar con outras moitas.

 

Mi experiencia con Luz Casal

Posted by miriamlopez on diciembre 11, 2011

He tenido el gran honor de conocer a una excelente cantante, primero escuchamos su concierto intimista en Pontevedra, la vi encima de su escenario acompañada de un pianista y su gran voz. Sus letras me apasionaron,tuve un momento en el que mis emociones se pusieron a flor de piel sobre todo con uno de sus temas.

En la entrevista pude comprobar, que a parte de una gran cantante,  es  una excelente persona. ¡No me la imaginaba así! Me ha sorprendido su humildad y su forma de ver el mundo, porque su visión hacia  los jovenes es de admirar. Consiguió que me sintiera  reflejada en el grupo de juventud que quiere un mundo mejor y que lucha por ello,como definió Luz a la juventud en una de las preguntas. Es una persona que es dificil no quererla.Tiene un gran don no solo en sus cuerdas vocales sino en su interior. Estando al lado de ella no sentía que estaba con una persona de otra época, todo lo contrario, sentía que estaba tomando una cerveza con una amiga de mi edad con pensamientos parecidos pero con más experiencia ,claro está.

Me llevo un recuerdo que nunca jamás podré olvidar, además de la entrevista, me he llevado lo mejor, una lección de fuerza,valentia, justicia y fe en lo que debemos hacer para superarnos día a día ante las adversidades de la vida.

Además siempre nos quedará, como dijo Luz, poner un disco y transportarnos a ese mundo perfecto casi físico donde podemos cambiar las cosas a nuestra manera, aunque solo sea imaginario.

                                                                  MIRIAM LÓPEZ ROMERO. 2º  BAC.

A miña experiencia na entrevista de Manuel Rivas.

Posted by martingarcia on enero 31, 2011

O venres 28 de xaneiro os meus compañeiros de revista entrevistaron a Manuel Rivas no Teatro Coliseo Noela de  Noia. Eu encargueime de sacar as fotografías. A entrevista foi moi entretida aínda que eu, que era o encargado da fotografía, non parei de sacar fotos e non puiden fixarme moito. Recorrín todo o Coliseo Noela de arriba a abaixo sacando fotos desde todos os lugares posibles e espantei o frío que facía.

Manuel Rivas falando con Entrepontes. Foto: Martín García

Unha tarde con Manuel Rivas

Posted by paulamartinez on

O día 28 de xaneiro entrevistamos a Manuel Rivas.

Foi unha tarde entretida na que poidemos preguntarlle a Manuel Rivas todo o que nos quixemos… gustoume moito a experiencia de ser periodista por un día. Foi a primeira entrevista que fixen na miña vida e quero repetir!!!

Visita a Noia histórica

Posted by ramonrudinho on enero 24, 2011

Vistas á igrexa de San Martín

Nunha visita que fixemos os alumnos de 2º da ESO ao casco histórico de Noia con Concha Allut aprendemos moitas cousas. A visita foi precisa para saber que, nos redores da Igrexa de San Martín morreu o famoso director de “Las Campanas Del Infierno´´. No lugar que morreu hai marcada con cor negro unha pequena cruz que simboliza respecto hacia súa morte. Hai moitas lendas que din que o director morreu a causa dunha maldición que di:“Quen intente acabar as dúas torres morrerá´´. Outras din que o de ese home solo foi un resbalón ,pero sexa como sexa ese home morreu por unhas causas descoñecidas . Despois de visitar a Iglesia de San Martín , fixemos unha parada na Iglesia de Santa María a Nova .Según fuentes históricas as laudas gremiais teñen uns símbolos que significan a profesión do dono da lauda .Por exemplo unha tixeira significa que foi costureiro .

A miña experiencia

Posted by mlorenzo on abril 13, 2010

 ENTREVISTANDO A IGNACIO PALACIOS NA UNIVERSIDADE

 A experiencia que vivín hoxe foi moi interesante. A pesar de que estaba moi nerviosa, a forma na que se comportou Ignacio Palacios transmitiume seguridade e tranquilidade.
A medida que me respondeu as preguntas notaba como a conversación se ía facendo máis fluída.

 Ao acabar a entrevista mostrounos algunhas das aulas da universidade. Polos pasillos vía panfletos para unirse a algúns grupos pero non cheguei a ver de que eran, pero déronme ganas de coñecer mais xente, de ver o que pensaban e de coñecer como sería a miña vida se estivese na universidade.

 Ignacio comentounos unha chea de cousas moi interesantes como que a súa biblioteca era a máis completa de toda España, e que incluso había zonas nas que os alumnos non podían pasar debido a importancia dos libros.
Tamén me sorprendeu a cantidade de linguas que ensinan no Instituto de Linguas Modernas: polaco, ruso, italiano, catalán, portugués, inglés por suposto… e un montón de linguas mais ata chegar ás 14.

Baixando por unhas escaleiras, cruzámonos cun grupo de rapaces que ían falando outra lingua que a pesar de non escoitala moi ben , pareceume que era francés. Alegroume saber que hai estranxeiros que veñen estudar a Santiago, de intercambio supoño, pois é unha posibilidade mais de coñecer moita xente, culturas e saber como se comportan ou que pensan…
Por un momento sentinme moi importante, que podía facer todo o que eu quixese, sentín que todas as persoas que estaban aí estaban cumprindo os seus soños, entón eu díxenme que si eles podían… eu tamén podería…Por que non?

A verdade é que ao chegar sentinme con ganas de pasar polo “mal trago” pero cando me ía xa non quería irme porque me sentía con ganas de facer algo novo, interesante, con ganas de saber, de aprender e de coñecer a moita xente. Dinme conta de que non sei nada, que cando chegue alí vou comezar a aprender, a formarme e a saber máis da vida.

 A verdade é que, foi unha experiencia que me dou un subidón ao ver o que me esperaba si mo propoñía, do que podía chegar a ser. Non quero deixar de ter esta sensación de que podo facelo todo si mo propoño.

                                   Alba Sánchez Pérez, 2º bacharelato

 

A miña experiencia

Posted by miriamlopez on marzo 10, 2010

Cando me dixeron que iba facerlle a entrevista ao arzobispo eu púxenme moi contenta pero á vez moi nerviosa. Nunca tiven a oportunidade de facer ningunha entrevista e menos a ninguén como ó Arzobispo de Santiago de Compostela. Sentíame contenta por facerlle a entrevista ó Arzobispo porque era a primeira vez pero tamén nerviosa porque non quería equivocarme nin nada de iso.

Eu pensaba que sería ser máis serio porque ao ser un arzobispo… Tamén pensaba que sería moito máis longa a entrevista polo que me dixeron.

Cando o coñecín foi simpático e agradable, ao contrario do pensara. Foi transcurrindo a entrevista e eu empezei a tranquilizarme, todo saíu moi ben.

Eu cría que me iba rir porque a compañeira que viña comigo sempre me fai rir; pero todo o contrario, estaba bastante seria.

Cando terminou a entrevista sentinme moi ben, estaba satisfeita co traballo que fixen.

Nos dispoñíamos a saír cando o arzobispo moi amablemente nos dixo se queriamos ver o Palacio Episcopal. Pareceume moi bonito o Palacio e tamém pareceume moi bo que él nos dera o seu tempo para enseñarnos o Palacio e explicarnos algúns detalles coma que o tipo de decoración arabesca que hai nun dos salóns é única en Galicia.

En conclusión gustoume moito facer esta entrevista e se me deixan faría outra.

Miriam López Romero.

A miña experiencia

Posted by hilaryalzate on marzo 1, 2010

A entrevista co Dr. Francisco Javier Barón

Para min foi unha experiencia moi construtiva, estar cunha persoa tan importante e recibir parte dos seus coñecementos, é moi importante.
Non só se trata do titulo de ser doutor, senón de coñecer un home que conecta cos seus pacientes e familiares.
Estas caracteristicas son moi importantes para desempeñar unha labor no campo da sanidade.
Moitas persoas pasounos que por algunha razón tivemos que ir ao hospital e a veces hai persoal que nos fala de malas maneiras, sen ter necesidade de facelo, isto non esta ben pois débese ter presente que se estas desempeñando un labor e non es capaz de sentir un pouco de empatía polas persoas cas que tes que traballar, significaría que non amas o teu traballo e polo tanto non o podes facer ben.

En poucas palabras o Dr. Barón demostra que ama a tarefa que fai.

Estou segura de que se todas as persoas tivesen a oportunidade de coñecelo persoalmente como eu tiven; todas llegarian á conclusión de que sería unha fortuna , si chegamos a estar enfermos, ser paciente de médicos como o dtor Barón.

A miña experiencia

Posted by estefaniasampedro on febrero 24, 2010

A pesar de ser unha curta entrevista co doutor Barón, podo decir sen lugar a dúbidas que é unha persoa carismática de gran saber.

Ao ser a primeira vez, atopábame na situación de non saber que esperar e como actuar.

¿Debería ir oa grano ou ser máis extrovertida para ter unha boa relación entrevistadora- entrevistado?

A verdade e que foi solo velo cunha sonrisa na cara para saber que podía actuar tal como son.

Sempre penso que nunca se chega a coñecer a unha persoa completamente e, dende logo, hai persoas que nin penso en seguir coñecendo.

Podo decir con seguridade que me gustaría continuar coñecendo ao doutor Francisco Javier; non só pola primeira impresión (que practicamente é a que conta) senon polo seu fervor ao seu traballo.

Hai traballos que o único que queres facer con eles e… iso. E hai outros traballos nos que non te molesta levantarte pola maña ou continuar traballando pola noite xa que te absorve completamente. Nunca te aburres.

Creo que un deses afortunados nese envexado ámbito laboral é o Dr.Francisco Javier.

Simpático, amigable, extrovertido, familiar…

Chegado o momento, gustaríame que fora un doutor coma este o que me tratara, a min ou a miña familia.

Estefanía Sampedro

A miña experiencia

Posted by larafilgueira on diciembre 14, 2009

A miña experiencia, a verdade, e que foi moi emocionante. Estivemos un anaco con Ana Romaní. Fíxenlle unhas cuantas preguntas e ela contestoumas moi clara e correctamente.

Paseino ben e foi unha entrevista moi emocionante xunto cos compañeiros da aula específica que viñeron a facerlle unhas cuantas preguntas e lle recitou Rebeca un poema que lle saleu moi ben e era moi bonito.

A experiencia de estar con Ana Romaní foron uns momentos que nunca pensei que chegaran a ser tan interesantes, estivemos quizáis pouco tempo pero o tempo que estivemos con ela creo que a quen máis lle emocionou foi á profesora xa que aproveitou para que lle firmase un dos libros que máis lle gustan.

Unhas das preguntas que máis me gustou como contestou a poeta foi cando lle preguntei si unha escritora nacía ou se facía pouco a pouco? Ela díxome que eso surxeulle un bo día na súa casa cando viu un libro que tiñan seus pais encima de un mueble e doulle curiosidade e colleuno e púxose a lelo, así saeulle a pasión de escribir poesía.

Lara Filgueira