Posted by marcoscalaza on octubre 17, 2012

O inicio de curso 2012/2013 está sendo diferente ao doutros comezos. A organización da presentación da revista e da viaxe co alumnado que na edición pasada resultou ser gañador de El País de los Estudiantes marcan os acontecementos da revista no principio do curso. Unha vez resoltas estas fases o equipo de redacción quedará conformado e a nova revista poñerase en marcha. En próximas entradas iremos concretando máis datos sobre ámbolos dous acontecimentos para manter informados aos lectores e usuarios deste blog.
Posted by marcoscalaza on septiembre 6, 2012

Entrega de premios na sede de El País
A nova andadura da revista Entrepontes comeza coa alegría de compartir con todas e todos vos o premio gañado a finais do curso pasado e que terá reflexo tamén na próxima presentación da revista Entrepontes no IES Campo de San Alberto. Fomos os afortunados gañadores do premio estatal, do programa “El País de los Estudiantes”. Benvidos e benvidas ao novo curso.
Posted by mlorenzo on diciembre 22, 2011
Entrepontes é recoñecida polo Ministerio de Educación a través dunha mención de honor nos Premios de Nacionales de Fomento de la Lectura de la Prensa.
No seguínte enlace podedes acceder á resolución no BOE:
http://www.boe.es/boe/dias/2011/12/22/pdfs/BOE-A-2011-19969.pdf
Posted by marcoscalaza on diciembre 13, 2011
A publicación educativa “Cuadernos de Pedagogía” lembra o traballo desenvolto no IES Campo de San Alberto na súa publicación de Outubro do 2011. No interior do caderno faise mención aos inicios e historia da revista escolar. Reflexa a importancia didáctica de Entrepontes, introducindo a opinión de docentes e discentes do centro. O contido dedicado ao traballo desenvolto no IES destaca a entrevista de tres alumnas a Fraga, Carrillo e Felipe Gonzalez, así como as tarefas previas de contextualización e as preparatorias ás preguntas a formular a tres das figuras máis relevantes do momento histórico estudado en Ciencias Sociais: a transición democrática.

Imaxe publicada en "Cuadernos de Pedagogía"
Posted by mlorenzo on septiembre 15, 2010

Entre as novas de actualidade do último número da Revista Galega do Ensino (Eduga) aparece unha reseña do proxecto Entrepontes, definida no seu título como “unha revista escolar para desenvolver competencias”.
É curioso que un proxecto que naceu para contar noticias se converta nunha, e que falen do “excelente nivel destes rapaces e rapazas”. Tamén chama a atención que describan tan ben o que fixemos durante todo o curso: traballar en grupo con proxectos específicos dos departamentos didácticos do centro; propoñer un xeito de traballar con “enormes posibilidades para todos, incluídos os que presentan dificultades de aprendizaxe” e os que “presentan un alto rendemento”; ou darlle pulo ao Plan Lector e ao Plan TIC, porque verdadeiramente melloramos a nosa lectura e o coñecemento de xente e temas que nos interesaban e que saían moi frecuentemente nos xornais que chegaban a nós todos os días. Ademais, aprendemos a usar algúns programas informáticos que non controlábamos e a levar un blog, nos que os protagonistas éramos nós e os nosos traballos.
Para finalizar falan en Eduga dos valores e fan énfase no “imprescindible traballo cooperativo, no que todos os alumnos perseguen un obxectivo común e no que o éxito individual depende do éxito dos compañeiros, favorece o respecto á diferenza e á tolerancia, e proporciona un escenario idóneo para resolver os conflitos de maneira pacífica”.
A nosa revista non sería posible sin o esforzo de todos: os alumnos, nosos pais, que nos levaban aos sitios e nos axudaban, e os profesores, que nos guiaron durante o tempo que duraron os proxectos. Moitas grazas a todos.
Este ano estamos aínda con máis gañas, conseguimos que aumente o número de xente implicada e propoñémonos chegar aínda máis lonxe.