A revista Entrepontes faise eco da postal de nadal que este ano deseñou a Aula Específica para desexar a toda a comunidade educativa unhas felices festas. BO NADAL!!!
Tres cidades europeas foron as elixidas polo comité de redacción para celebrar o premio gañado o curso anterior. A nosa viaxe empezou en Berlín onde vivimos de preto as aínda sentidas sensacións que provocaron na sociedade alemana a Guerra Mundial. As secuelas poidémolas comprobar na arquitectura e no semblante dos habitantes alemáns ao visitar lugares marcados polo conflicto bélico. A continuación estivemos en Praga, onde poidemos desfrutar dunha cidade medieval vixiada dende unha posición de altura polo seu castelo. Tamén aproveitamos esta cidade para celebrar o Hallowen nun hotel abientado para tal obxecto. Finalmente, estivemos un par de días en Viena para comprobar in situ a herdanza arquitectónica do poderoso imperio austrohúngaro.
O inicio de curso 2012/2013 está sendo diferente ao doutros comezos. A organización da presentación da revista e da viaxe co alumnado que na edición pasada resultou ser gañador de El País de los Estudiantes marcan os acontecementos da revista no principio do curso. Unha vez resoltas estas fases o equipo de redacción quedará conformado e a nova revista poñerase en marcha. En próximas entradas iremos concretando máis datos sobre ámbolos dous acontecimentos para manter informados aos lectores e usuarios deste blog.
O día 26 de outubro pola mañá terá lugar a presentación da revista educativa Entrepontes no IES Campo de San Alberto. Acudirán ao evento os protagonistas dos traballos xornalísticos que tamén foron presentados na edición 2011/2012 de El país de los Estudiantes, onde o xornal Entrepontes resultou gañador autonómico e estatal. Ademais destos traballos aparecen outros traballos de gran interese para a comunidade educativa e a sociedade noiesa en xeral.
A redacción de Entrepontes esperamos que sexa un acontecemento do agrado de tódolos visitantes, alumnado e profesorado que desexe acudir.
A revista Entrepontes aproveita a proximidade do 17 de maio para resaltar e recordar a figura do autor Valentín Paz Andrade, a quen se lle adica este ano a celebración das Letras Galegas. Este pontevedrés resalta pola súa participación en medios de comunicación impresos, onde publicou numerosos artigos periodísticos. Publica tamén obras poéticas e a maior biografía escrita ata o momento sobre a vida de Castelao. Sendo unha persoaxe implicada na política galega e preocupada polo desenvolvemento de Galicia Valentín Paz Andrade é un espello onde os redactores de Entrepontes se poden fixar para perfeccionar a súa tarefa xornalística.
Antón Avilés Vinagre (1935 – 1992) naceu na aldea de Taramancos, próxima a Noia. Do seu lugar de nacemento tomou o seu nome literario. Antón Avilés de Taramanco foi un poeta arraigado á cultura da súa terra que fai do retorno e a morriña á mesma unha forma de crear poesía.
Grazas a unha gravadora mercada nos anos 70 foi capaz de levar o verdadeiro galego a Colombia, onde vivía; e grazas ao seu intelecto é capaz de que ese galego retorne en forma de poesía á súa querida Galicia antes, agora e sempre.
O concepto de retorno sempre presente na obra deste autor noiés e en tantas mentes dos emigrantes galegos faise hoxe obxecto de estudo das novas xeracións noiesas no IES Campo de San Alberto. O alumnado profundizará en dito concepto na obra do autor Antón Avilés de Taramancos.
He tenido el gran honor de conocer a una excelente cantante, primero escuchamos su concierto intimista en Pontevedra, la vi encima de su escenario acompañada de un pianista y su gran voz. Sus letras me apasionaron,tuve un momento en el que mis emociones se pusieron a flor de piel sobre todo con uno de sus temas.
En la entrevista pude comprobar, que a parte de una gran cantante, es una excelente persona. ¡No me la imaginaba así! Me ha sorprendido su humildad y su forma de ver el mundo, porque su visión hacia los jovenes es de admirar. Consiguió que me sintiera reflejada en el grupo de juventud que quiere un mundo mejor y que lucha por ello,como definió Luz a la juventud en una de las preguntas. Es una persona que es dificil no quererla.Tiene un gran don no solo en sus cuerdas vocales sino en su interior. Estando al lado de ella no sentía que estaba con una persona de otra época, todo lo contrario, sentía que estaba tomando una cerveza con una amiga de mi edad con pensamientos parecidos pero con más experiencia ,claro está.
Me llevo un recuerdo que nunca jamás podré olvidar, además de la entrevista, me he llevado lo mejor, una lección de fuerza,valentia, justicia y fe en lo que debemos hacer para superarnos día a día ante las adversidades de la vida.
Además siempre nos quedará, como dijo Luz, poner un disco y transportarnos a ese mundo perfecto casi físico donde podemos cambiar las cosas a nuestra manera, aunque solo sea imaginario.
A cantante e compositora galega, Luz Casal, é unha figura sobresaínte da cultura musical galega e gratamente recoñecida en todo o territorio español e europeo. Deuse a coñecer, no ano 1982, co seu primeiro album Homónimo y sostenido por el rock, onde demostraba unha versatilidade ata daquela descoñecida no panorama musical español. Durante a década dos oitenta conqueriu un lugar preferencial dentro dun xénero que ata entón parecía estar vedado ás mulleres. Ao longo da súa carreira profesional logrou vender cinco millóns de discos e darse a coñecer internacionalmente, sobre todo en Francia, dende que se incluiran dous dos seus temas na película Tacones Lejanos, de Pedro Almodóvar. Co discurrir do tempo foise consolidando e manténdose como unha artista de referencia dentro da música. Actualmente, concretamente o 8 de novembro, vén de publicar o álbum Ramo de rosas, onde reúne algúns dos seus grandes temas e incorpora tres novos.
Na vindeira edición da revista Entrepontes, alumnos e alumnas do IES Campo de San Alberto farán un estudo da música dos oitenta, prestándolle especial atención á figura de Luz Casal. Como culme do traballo de investigación pretenden entrevistar á artista galega, orixinaria de Boimorto.
O alumnado do IES Campo de San Alberto, dentro do proxecto de Lingua Castelá estudarán a vida e obra da autora catalana Ana María Matute. A obra elixida como lectura é Paraíso inhabitado, a última publicada pola autora e que versa sobre un universo infantil maravilloso e delicado ao mesmo tempo. Ademais, e dentro da laboura do traballo deséxase contactar coa autora para coñecer de primeira man a opinión sobre a súa obra e distintos aspectos da súa biografía.
The 2 sidebars have been placed within an element so that you can enter information here at the bottom or up at the top that exists outside the 2 sidebars.