A orixe do entroido é moi variada segundo as fontes que manexes, pero o que está claro para todos/as e que nesta festividade, que este ano se celebra o martes día 12 de febreiro, a celebración está asegurada. As rúas das vilas e cidades galegas énchense de cores, música, alegría, diversión e despreocupación. A destacar en Galicia os entroidos de Verín, Xinzo de Limia, Laza, Viana do Bolo, Vila de Cruces, A Estrada, Xinzo e outros máis repartidos nas catro provincias galegas.
O alumnado da aula específica do IES Campo de San Alberto está realizando un estudo en profundidade sobre a arquitectura en Noia. Despois dunha explicación por parte dunha experta en arquitectura o alumnado aventurouse a analizar os edificios e elementos arquitectónicos máis relevantes da vila. Nestos momentos xa se dispón de suficiente material gráfico para ir estudando e comparando as distintas construcións elixidas para o proxecto Coñecendo a Nosa Vila. O resultado será publicado no blog Superespeciais e na revista Entrepontes do centro.
A redacción de Entrepontes deséxavos a todos/as un feliz aninovo. Despois das campás do trinta e un e uns días de descanso o comité de redacción poñerase a traballar na nova edición da revista con forzas e ilusións renovadas para, polo menos, lograr un produto da calidade do ano pasado. Feliz ano!
Fai 64 anos a Asamblea Xeral das Nacións Unidas adoptou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. A barbarie acompañou sempre á especie humana, por iso é importante que se fixera esta declaración para alcanzar entre todos/as a erradicación de tales actos.
O día da Constitución celébrase o día 6 de decembro para conmemorar o aniversario do Referéndum para a ratificación da Constitución española. Neste referéndum a sociedade española escolleu aprobala por maioría. Polo tanto, tal día como o 6 de decembro deste ano, pero fai xa 34 anos os cidadáns españois decidiron dar o seu voto pola democracia en España, nunha papeleta como esta:
E como resultado da rotunda maioría aprobouse a Constitución de 1978, a lei fundamental pola que se rexe o sistema de goberno de España.
A violencia de xénero non entende de fronteiras, é un problema mundial de tódalas culturas que necesita un plan global para deter esta barbarie. Os distintos países fan máis visible o 25 de Novembro como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Neste caso, o importante é pegarse á campaña para lograr sensibilizar ao maior número de persoas posibles e lograr que se deixe de recordar esta data como algo penoso para a humanidade.
The 2 sidebars have been placed within an element so that you can enter information here at the bottom or up at the top that exists outside the 2 sidebars.