Análise das fontes de Noia
Posted by susopena on abril 8, 2011
Traballo realizado por alumnas de 1º bacharelato
embedded by Embedded Video
YouTube Direkt
pH: O pH é a medida de acidez da auga, corresponde á concentración de hidróxeno. O pH tipicamente vai de 0 a 14 en disolución acuosa. As disolucións con pH menor a 7 considéranse ácidas; as disolucións con pH igual a 7 dise que son neutras; e as disolucións que teñen un pH maior a 7 considéranse disolucións alcalinas.
Para a medida do pH normalmente úsase un pH-metro de electrodo de vidro.
A potabilidade da auga encóntrase nun pH entre 6.00 e 9.00.
Dureza da auga: é a concentración de compostos minerais que hai nunha determinada cantidade de auga (en particular sales de magnesio e calcio). O grao da dureza é directamente proporcional á concentración de sales alcalinas.
A dureza da auga calcúlase a partir da suma de concentración de
calcio e magnesio(miligramos) existentes por cada litro de auga.
Dureza carbonatada: é aquela na que os bicarbonatos de calcio presentes na auga elimínanse ó alcanzar o punto de ebulición da auga. Dureza xeral: é aquela que non se elimina ó ferver a auga, causada pola presenza de sulfato de calcio e magnesio e cloruros na auga.
En canto a dureza a auga considérase potable ata un máximo de 400 mg/l.
Nitrito (anión NO2-): está presente nas sales formadas pola combinación do
ácido nitroso cunha base. Xérase pola oxidación do amoníaco.
Ata 0.10 mg/l de nitrito a auga considérase potable.
A condutividade da auga: é o contrario da resistencia, é dicir, a facilidade que presenta un corpo a ser atravesado por unha corrente eléctrica. A súa medida varía en función da concentración de sólidos e sales disoltas na auga. Mídese en S/m (Siemens/metro).
A auga considérase potable ata unha condutividade entre 400 -600 microsiemens/cm
O amonio: é un ión do amoníaco presente ás veces na auga que depende do pH desta. O amoníaco prodúcese pola descomposición da materia orgánica. En exceso, é un dos seus contaminantes, que está presente maioritariamente nas augas residuais.
O máximo de amoníaco para unha auga potable é 0.20 mg/l.