Sobre o ano 2008 os políticos comezaron a darse conta de que estabamos nunha grave crise económica a nivel mundial. Aínda que, parece ser, que a cousa comezou nos Estados Unidos de América.
Según os entendidos, algunhas das causas que provocaron esta crise foron os altos prezos das materias primas, aínda que sobre isto, a miña opinión, coa que seguramente estará de acordo a maior parte das persoas, é que as materias primas encarécenas os intermediarios, o que leva á sobrevaloración dos produtos e fai que as persoas en situacións económicas precarias non podan ter acceso ós alimentos de primeira necesidade. A elevada inflación monetaria e a ameaza dunha recesión a nivel mundial, así como a crise crediticia, hipotecaria e de confianza nos mercados, contribuíu a agravar a crise.
En España, repercutiu de forma moi importante a crise da construción e moitas industrias, que fixeron despidos masivos de traballadores. Naturalmente, naceu a inquietude por un presente e un futuro incerto entre a xente traballadora, que pasou de ter unha nómina coa que facer fronte os gastos que causa a vida diaria e familiar a quedarse na calle, moitas veces tendo que facer fronte as hipotecas dos seus pisos.
Para solucionar a crise necesitase moito sentido común e madurez. Non se trata de poñerse a construír pisos si non hai a quen venderllos nin tampouco se poden fabricar miles de automóbiles si só se compran uns centenares cada ano. As familias modestas, que son a maioría, non cambian de coche con frecuencia.
Na miña opinión, creo que si todos os políticos se conformaran con un soldo digno, roubaran menos, se dedicaran a saír menos nos medios de comunicación botándolle as culpas uns ós outros, e TRABALLARAN MÁIS tratando de buscar solucións, pronto sairíamos da crise.
Hai que animar e apoiar a sectores que poden dar traballo a moita xente, como a agricultura, piscicultura, gandería, reforestación de bosques, reciclaxes, etc.
A educación é a clave do estado de benestar, a cal é unha actividade organizada co fin de axudar a mutua adaptación dos individuos e do seu entorno; ésta é necesaria para un bo desarrollo e progreso dun país.
Comparación da educación española frente a OCDE (Organización para a Coordinación e o Desarrollo Económico):
• Excesivo pago ós profesores e menos subvencións hacia os alumnos. Por exemplo, na educación secundaria española invírtense 7.211 dólares por alumno mentras na OCDE son 7.700, e no caso dos profesores os salarios son un 20 % superior á media da OCDE.
• O Goberno Central financia solo o 12,6% da educación, frente a unha media do 49% da OCDE.
• A diferenza entre os salarios dunha persoa que ten a secundaria superior e outra que ten a básica é dun 32% en España mentras que na OCDE é do 52%.
En España solo o 10% dos fillos de pais sen estudos empezan unha carreira e pagan cas súas matrículas, entre o 10% e o 20 % do coste dos seus estudos na universidade pública. Esto demostra que os incentivos e as subvencións á educación están mal diseñados. Esto conleva que máis do 30% dos alumnos da ESO non a rematen mentras que un 30% dos alumnos da universidade tampouco acaben os seus estudos, e outro 30% os rematen dous anos máis tarde. Este derroche podría dedicarse a mellorar a calidade da educación.
Para poder evitar esto o Goberno propón que paguen máis os que suspendan, xa que esto axudaría a solucionar as elevadas tasas de repetición e de abandono, ademáis incrementaríanse as becas e as axudas.
The 2 sidebars have been placed within an element so that you can enter information here at the bottom or up at the top that exists outside the 2 sidebars.