Alba Patiño Díaz e Paula Martínez Moledo entrevistaron a Antía Cal na suá casa de Domaio, na ría de Vigo, o 13 de marzo de 2012. Aproveitaron a visita para indagar na vída dunha mestra na época franquista e na experiencia vital dunha pedagoga que adicou toda a súa vida á educación. As fontes nas que se inspirou para crear un colexio bilíngüe e a influencia do seu marido Antón Beiras na súa obra son algunhas das experiencias, entre outras moitas, que nos relata Antía nesta maravillosa e entrañable entrevista.
Manuel Rivas, presenta o seu último libro en Noia, acompañado de dúas guitarras e a voz de Iria Peña. Leeu fragmentos da novela e foi entrevistado por alumnas e alumnos do comité de redacción de Entrepontes.
O xornal La Voz de Galicia cubríu a noticia. O acto celebrouse no Teatro Coliseo Noela, magnífica arquitectura modernista, con unha bóveda pintada polo pintor noiés Alfonso Costa.
A miña experiencia con Manuel Rivas foi escepcional. Facía tempo que estábamos esperando este momento con gran entusiasmo. A miña primeira impresion de el foi que era moi alto!!! A primeira parte do acto gustoume moito, xa que me gustou que unha parte fora recitada e outra cantada. A outra parte era unha rolda de preguntas, que o señor Rivas respondeu contando todo tipo de detalles. A única pega era que a miña compañeira non pudo asistir ao acto xa que tivo problemas de saúde.
O venres 28 de xaneiro os meus compañeiros de revista entrevistaron a Manuel Rivas no Teatro Coliseo Noela de Noia. Eu encargueime de sacar as fotografías. A entrevista foi moi entretida aínda que eu, que era o encargado da fotografía, non parei de sacar fotos e non puiden fixarme moito. Recorrín todo o Coliseo Noela de arriba a abaixo sacando fotos desde todos os lugares posibles e espantei o frío que facía.
Manuel Rivas falando con Entrepontes. Foto: Martín García
Todo iba moi ben, estivemos toda a semana preparando a entrevista para o gran día. Ibamos entrevistar a Manuel Rivas!!
Cando chegou o día non puiden ir porque me encontrei mal e chamei a Chefa para dicirlle que non podía ir. Ela díxome que non me preocupara que encontraría unha sustituta.
Eu sinceramente quedeime mal porque tiña moitas ganas de entrevistar a Manuel Rivas despois do traballo que pasamos.
Cando me contaron como foi a entrevista gustoume o que oín pero ainda así quedeime mal de por vida….
Creo que o que me ocorreu a min non llo desexo a ninguén. Eu tiña unha ilusión enorme de facer esa entrevista e o final non puiden ir…
Grazas a Paula Moledo que me sustituíu e o fixo ben. E grazas aos compañeiros que seguiron coa entrevista a pesar de todo. Como se di no teatro: ” O espectáculo debe continuar”
Foi unha tarde entretida na que poidemos preguntarlle a Manuel Rivas todo o que nos quixemos… gustoume moito a experiencia de ser periodista por un día. Foi a primeira entrevista que fixen na miña vida e quero repetir!!!
Empecei co libro de Manuel Rivas “Todo é silencio” e de momento gustame moito.
Polo que leín é un libro que conta feitos que pasan na actualidade dunha forma moi familiar, aínda que é un pouco de dificil de ler porque ten un léxico complicado e moitos saltos temporais.
Este libro conta a historia de tres rapaces que son moi amigos e están nun ámbito rural galego. Un destes rapaces, Brinco, é un neno que se fixa moito en Mariscal, que é un contrabandista. Brinco quere ser como el cando sexa maior. Polo outro lado está Fins, que é un neno que ten unha vida moi difícil. O seu pai é Malpica, que é un home moi querido xa que fai de Cristo na Semana Santa. É un mariñeiro.
Un día cando vai con Antonio, que é o pai de Leda, a amiga de Brinco e Fins, o pai de Fins morre.
O libro está dividido en dúas partes, a primeira vai sobre todo da súa adolescencia; a segunda trata máis ben de cando son maiores, do seu oficio e de como xa cando te vas facendo maior te olvidas dos teus amigos.
De momento gústame moito o libro e estou deseando acabalo porque este libro engancha moito.
Recoméndolle a todo o mundo a súa lectura. É moi bonito e engancha moito.
O día 28 de Xaneiro algúns alunmos do IES Campo de San Alberto teremos a oportunidade de ir facerlle unha entrevista a un dos mais importantes escritores da nosa literatura galega, Manuel Rivas. Mentres tanto estámonos preparando:
Xa fai uns meses compartimos unha conversa coa poeta noiesa Ana Romaní na Tasca Típica de Noia, onde ela comparteu moitos momentos con Antón Avilés de Taramancos. Falounos da importancia do mar e da muller na súa poesía como poderedes comprobar na entrevista que presentamos ao concurso Mellor Xornalista Xuvenil de La Voz de Galicia:
The 2 sidebars have been placed within an element so that you can enter information here at the bottom or up at the top that exists outside the 2 sidebars.