O oncólogo Francisco Barón, responsable da posta en marcha do Plan Galego de Coidados Paliativos, respostou ás nosas preguntas no CHUS de Santiago. A continuación está a entrevista que enviamos ao concurso Mellor Xornalista Xuvenil de La Voz de Galicia:
Francisco Javier Barón: “É importante ter en conta o aspecto físico, social, psíquico e espiritual do paciente, dende a molécula ata a psique, esta visión humanística e global garantiza uns mellores resultados”
O doctor Barón nun momento da entrevista
Esta entrevista foi realizada no Hospital Clínico de Santiago polas alumnas Estefanía Sampedro e Hílary Alzate como parte do seu proxecto de investigación para o departamento de sanidade.
O doctor Barón falou da importancia de adoptar unha perspectiva humanista na atención dos pacientes, da súa experiencia como oncólogo na atención a pacientes terminais e explicou, entre outra cousas, en que consiste o modelo biopsicosocial de atención sanitaria.
Responsable de poñer en marcha o Plan Galego de Coidados Paliativos, tarefa a que se adicou os dous primeiros anos de implantación do plan, o doctor Barón traballa na actualidade como oncólogo no Hospital Clínico de Santiago de Compostela, que como nos explicou é a súa verdadeira vocación ” o máis bonito da mediciña é o contacto cos pacientes”
The 2 sidebars have been placed within an element so that you can enter information here at the bottom or up at the top that exists outside the 2 sidebars.