Obxectivos por áreas

RELACIÓN DE OBXECTIVOS, CONTIDOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN DAS ÁREAS QUE SE TRABALLAN NOS DIFERENTES PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN
a. LINGUA E LITERATURA GALEGA E CASTELÁN
Obxectivos:
• Comprender discursos orais e escritos nos diversos contextos da actividade social e cultural.
• Utilizar a lingua oral na actividade social e cultural de forma adecuada ás distintas situacións e funcións, adoptando unha actitude respectuosa e de cooperación.
• Utilizar a lingua eficazmente na actividade escolar para buscar, seleccionar e procesar información e para redactar textos propios do ámbito académico.
• Utilizar con progresiva autonomía e espírito crítico os medios de comunicación social e as tecnoloxías da información para obter, interpretar e valorar información de diversos tipos e opinións diferentes.
• Facer da lectura fonte de pracer, de enriquecemento persoal e de coñecemento do mundo e consolidar hábitos lectores.
Contidos:
• Comprensión de textos dos medios de comunicación, especialmente de información sobre feitos, noticias e crónicas, atendendo á estrutura do xornal dixital (seccións e xéneros) e aos elementos paratextuais.
• Participación activa en traballos en grupo cooperando e respectando os demais.
• Presentación ordenada e clara de informacións previamente preparadas sobre temas do interese do alumnado, con axuda de medios audiovisuais e das tecnoloxías da información e da comunicación.
• Participación activa en situacións de comunicación propias do ámbito académico, especialmente nas propostas sobre o modo de organizar a actividade, na achega de informacións útiles para o traballo en común e na exposición de breves informes sobre as tarefas realizadas.
• Composición de textos propios dos medios de comunicación, especialmente crónicas destinadas a un soporte impreso ou dixital, a audio ou a vídeo.
• Realizar exposicións orais sinxelas sobre temas próximos ao contorno do alumnado, claras e estruturadas, coa axuda de medios audiovisuais e das tecnoloxías da información e da comunicación.
• Exposición da información tomada dun medio de comunicación acerca dun tema de actualidade, respectando as normas que rexen a interacción oral.
Criterios de avaliación.
• Realizar explicacións orais sinxelas sobre temas de interese para o alumnado con axuda dos medios audiovisuais e das TIC.
• Narrar, expoñer, explicar, resumir e comentar, en soporte papel ou dixital, nun rexistro adecuado, con secuencias coherentes, respectando as normas gramaticais e ortográficas e utilizando a planificación e revisión de textos.
b. BIOLOXÍA
Obxectivo:
• Adoptar actitudes críticas fundamentadas no coñecemento científico para analizar, individualmente ou en grupo, cuestións relacionadas coa ciencia, a tecnoloxía e a sociedade. Coñecer e valorar os problemas aos cales se enfronta hoxe a humanidade en relación á sobreexplotación dos recursos, ás diferenzas entre países desenvolvidos e non, e a necesidade de busca e aplicación de medidas, para avanzar cara ao logro dun futuro sustentable.
Contidos:
• Busca, selección e análise crítica de información de carácter científico utilizando as tecnoloxías da comunicación e da información e outras fontes.
• Interpretación de informacións de carácter científico e contraste destas informacións para formar una opinión propia e expresarse axeitadamente.
Criterio de avaliación:
• Analizar os problemas e desafíos, estreitamente relacionados, a que se enfronta a humanidade globalmente, recoñecer a responsabilidade da ciencia e da tecnoloxía e a necesidade da súa implicación para resolvelos e avanzar cara ao logro dun futuro sustentable.
c. MATEMÁTICAS
Obxectivo:
• Motivar ao alumno para valorar as matemáticas como parte integrante da nosa cultura e conectar as matemáticas coa arte.
Contidos:
• Os fractais: concepto e aplicación.
Criterio de avaliación adaptado:
• Identificar os fractais en obras de arte.
d. EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL
Obxectivos:
• Recoñecer, comprender e valorar as manifestacións da cultura galega, apreciando o patrimonio cultural e contribuíndo á súa conservación e mellora.
• Sensibilizar o alumnado ante o goce artístico e acadar os recursos suficientes para apreciar as diferentes representacións artísticas.
Contido:
Bloque 4. Dimensión social e cultural.
• Análise de obras do patrimonio cultural propio detectando as similitudes e as diferenzas respecto doutras sociedades e culturas.
Criterio de avaliación:
• Diferenciar os estilos e as tendencias das artes visuais a través do tempo e atendendo á diversidade cultural.
e. LINGUAS ESTRANXEIRAS. INGLÉS E FRANCÉS
Obxectivos:
• Buscar, seleccionar e presentar información oralmente e por escrito na lingua estranxeira utilizando todos os medios ao seu alcance, (bibliotecas, tecnoloxías da información e a comunicación e as estratexias de aprendizaxe).
• Escribir textos sinxelos con fins diversos sobre distintos temas utilizando recursos axeitados de cohesión e coherencia.
Contidos:
• Uso de estratexias de cooperación na interacción e no traballo con outras persoas, colaborando, verificando a comprensión e cooperando activamente na realización das tarefas de comunicación.
• Uso de distintas fontes, en soporte papel, dixital, ou multimedia, para obter información co fin de realizar tarefas específicas.
Criterios de avaliación:
• Participar en conversas e simulacións utilizando estratexias axeitadas para iniciar, manter e terminar a comunicación, producindo un discurso comprensible e adaptado ás características da situación e á intención comunitaria.
• Usar as tecnoloxías da información e a comunicación con certa autonomía para buscar información, producir textos e partir de modelos, enviar e recibir mensaxes de correo electrónico e para establecer relacións persoais orais e escritas, mostrando interese polo seu uso.
f. CIENCIAS SOCIAIS, XEOGRAFÍA E HISTORIA
Obxectivos:
• Resolver problemas e levar cabo estudos e investigación escolares aplicando os instrumentos conceptuais, as técnicas e os procedementos básicos da indagación característicos das ciencias sociais.
• Procurar a comprensión da realidade social galega actual.
Contidos:
• Análise de feitos ou situacións relevantes da actualidade, particularmente de Galicia, con indagación dos seus antecedentes históricos e das circunstancias que os condicionan.
• Procura, selección e obtención de información de fontes escritas, obtida segundo criterios de veracidade e pertinencia, diferenciando os feitos das opinións e as fontes primarias das secundarias. Contraste de información contraditorias e/ou complementarias a propósito dun mesmo feito ou situación. Análise e traballo con textos históricos de especial relevancia.
Criterio de avaliación:
• Realizar traballos individuais e en grupo sobre algún foco de tensión política ou social no mundo actual, indagando os seus antecedentes históricos, analizando as causas e previndo posibles desenlaces, utilizando para iso diversas fontes de información, incluídas as que permitan obter interpretacións diferentes ou complementarias dun mesmo feito
g. CULTURA CLÁSICA
Obxectivo:
• Recoñecer e valorar as pegadas da cultura clásica en contextos artísticos, lingüísticos e científico-técnicos, entre outros, tanto na cultura occidental como noutras culturas pasadas e presentes.
Contido:
• As pegadas do mundo clásico: que é romano; que é grego. (literatura, arte, dereito, ciencia, obras públicas, técnica, filosofía…).
Criterio de avaliación:
• Identificar aspectos significativos da achega da cultura clásica á civilización occidental no campo do pensamento, da ciencia e da técnica.
h. MÚSICA
Obxectivos:
• Utilizar de forma autónoma diversas fontes de información medios audiovisuais, internet, textos, partituras e outros recursos gráficos- para o coñecemento e gozo da música.
• Elaborar xuízos e criterios persoais, mediante unha análise crítica dos diferentes usos sociais da música, sexa cal sexa a súa orixe, aplicándoos con autonomía e iniciativa a situacións cotiás e valorando a contribución que a música pode facer á vida persoal e a da comunidade.
Contido:
• Utilización de diversas fontes de información para indagar sobre instrumentos, compositores e compositoras, concertos e producións musicais en vivo e gravadas, tanto do patrimonio galego como da música occidental en xeral e doutras culturas.
Criterio de avaliación adaptado:
• Explicar os procesos básicos de creación, edición e difusión musical considerando a intervención de distintos profesionais.
i. EDUCACIÓN FÍSICA
Obxectivos:
• Coñecer os trazos que definen unha actividade física saudable e os efectos beneficiosos que esta ten para a saúde individual e colectiva.
• Coñecer actividades deportivas e recreativas individuais e colectivas aplicando os fundamentos regulamentarios, técnicos e tácticos en situacións de xogo, con progresiva autonomía na súa execución.
Contidos:
• Valoración de hábitos saudables como descansar axeitadamente e realizar actividade física. Toma de conciencia sobre os efectos que teñen para a saúde determinados hábitos como o consumo de tabaco, alcohol e estupefacientes.
• Fundamentos técnicos, tácticos e regulamentarios dun deporte colectivo.
• Alimentación e actividade física: equilibrio entre a inxesta e o gasto calórico.
• Valoración da alimentación como factor decisivo na saúde persoal.
Criterio de avaliación:
• Manifestar una actitude crítica ante as prácticas e valoracións que se fan do deporte e do corpo a través dos diferentes medios de comunicación.
j. FILOSOFÍA
Obxectivo:
• Elaborar exposicións orais e composicións escritas acerca de temas determinados con claridade, corrección, plenitude e autonomía, exercitando na medida do posible unha reflexión persoal.
Contido:
• Busca de información a partir de fontes diversas e integración desta seguindo criterios temáticos ou metodolóxicos.
Criterio de avaliación:
• Elaborar pequenos traballos, buscas de información, exposicións orais ou composicións escritas.
k. QUÍMICA
Obxectivo:
• Adoptar actitudes críticas fundamentadas no coñecemento científico para analizar, individualmente ou en grupo, cuestión relacionadas coa ciencia, a tecnoloxía e a sociedade.
Contido:
• Beneficios e riscos da química.
Criterio de avaliación:
• Participar activamente na construción, comunicación e utilización do coñecemento científico.
l. ECONOMÍA
Obxectivo:
• Formalizar xuízos persoais acerca de problemas económicos de actualidade.
Contido:
• Debate sobre cuestión económicas de actualidade, fundamentando as opinión e respectando as doutras persoas.
Criterio de avaliación:
• Identificar e valorar as repercusión sociais das actividades económicas, tomando conciencia da dificultade para compatibilizar un desexable crecemento económico co desenvolvemento da calidade de vida e a igualdade.
m. RELIXIÓN
Obxectivo:
• Valorar as manifestacións culturais e artísticas e as tradicións relixiosas como parte do patrimonio cultural dos pobos, asumindo a responsabilidade da súa conservación e apreciándoas como recurso para o enriquecemento persoal.
Contido:
• Influencia da relixión no patrimonio cultural galego: O Camiño de Santiago.
Criterio de avaliación:
• Coñecer e valorar a influencia da relixión nas tradicións culturais.
n. SANIDADE
Obxectivos:
• Analizar o desenvolvemento do plan galego de coidados paliativos.
Contidos:
• Os coidados paliativos na nosa comunidade
Criterio de avaliación:
• Coñecer e valorar a importancia da dimensión humana na relación médico-paciente ou sanitario-usuario.
o. ELECTRÓNICA E TECNOLOXÍA
Obxectivos:
• Interesarse polos avances tecnolóxicos valorando criticamente a súa contribución á mellora do benestar social e individual, e incorporándoos ao seu facer cotiá.
• Valorar a importancia de contribuír ao coidado do medio ambiente a través dun uso responsable da enerxía no fogar.
• Coñecer as enerxías renovables e a súa aplicación dende o fogar.
Contidos:
• Análise de facturas domésticas e aforro enerxético nas instalacións de vivendas. Arquitectura bioclimática.
• Análise dos elementos que configuran as instalación dunha vivenda: electricidade.
• A enerxía eólica e solar en Galicia.
• Cociña e forno solar.
Criterio de avaliación:
• Usar de xeito responsable a enerxía e fomentar actitudes entre os compañeiros de coidado e respecto ao medio ambiente.
• Describir os elementos que compoñen as distintas instalacións dunha vivenda e as normas que regulan o seu deseño e utilización. Realizar deseños sinxelos, empregando a simboloxía adecuada, e montaxes de circuítos básicos, e valorar as condicións que contribúen ao aforro enerxético, á habitabilidade e á estética nunha vivenda.
p. ADMINISTRACIÓN E FINANZAS
Obxectivos:
• Dar a coñecer a formación profesional dende a perspectiva da muller.
Contidos:
• A muller emprendedora na área do Barbanza. Valores e retos de futuro
Criterio de avaliación:
• Manifestar una actitude crítica ante posibles discriminacións de xénero no ámbito laboral.
• Por en valor as iniciativas das mulleres emprendedoras.