Agricultura ecolóxica e sostible
Posted by maykavalbeiro on diciembre 11, 2009
En que consiste a agricultura ecolóxica?
A agricultura ecolóxica ou orgánica é un tipo de agricultura que ultimamente está moi extendida, principalmente nas zonas rurais.
Este tipo de agricultura baséase principalmente na utilización óptima dos recursos naturais, sen empregar produtos químicos ou organismos xeneticamente modificados para abono ou para combater as pragas. Logrando deste xeito obter uns alimentos orgánicos, á vez que se conserva a fertilidade da terra e se respeta o medio ambiente.
Os obxectivos principais da agricultura ecolóxica son: traballar cos ecosistemas de forma integrada; manter e mellorar a fertilidade dos terreos; producir alimentos libres de residuos químicos, evitando así moitas enfermidades derivadas dos mesmos; utilizar o maior número de recursos renovables e locais; manter a diversidade xenética do sistema e do seu entorno; evitar a contaminación producida polas técnicas agrarias e permitir aos agricultores realizar o seu traballo dunha maneira mais saudable.
Métodos para combatir as pragas
Debido a que non se poden utilizar insecticidas nin produtos químicos para combater as posibles pragas, o cultivo ecolóxico debe estar baseado en métodos preventivos, potenciando o bo desenvolvemento das plantas e potenciando a súa resistencia natural ás pragas. As especies autóctonas dunha zona e un abono axeitado fan que as plantas sexan máis resistentes. Tamén é aconsellable promover o desenvolvemento da fauna auxiliar autóctona, mediante a solta de insectos útiles (parasitos ou depredadores) como os parasitos do pulgón, e utilizar diferentes produtos de orixe natural como as piretrinas que se obteñen das flores secas do crisantemo. Estas son unhas bacterias que atacan predominantemente aos insectos dañinos. Tamén se poden utilizar feromonas atraíntes e repelentes como por exemplo o estracto de allo, que é biodegradable e serve para repeler á mosca branca e desorientar aos paxaros, ainda que non é eficaz ao cen por cen.
A agricultura ecolóxica é mais cara
Debido ao esforzo que lles supón aos agricultores o mantemento desta agricultura, como ter que abonar os campos con abonos naturais, moito mais laborioso que con produtos químicos, ou varear os olivos a man, os produtos ecolóxicos son mais caros.
A maior parte das explotacións son unifamiliares ou están agrupadas en cooperativas.
Todos os produtos ecolóxicos que saen ao mercado deben de ter unha pegatina certificando que certamente son productos ecolóxicos .
.

En que consiste a agricultura sostible?
A agricultura sostible é aquela que a longo prazo contribúe a mellorar a calidade ambiental e os recursos básicos dos cales depende a agricultura, satisfai así necesidades básicas da fibra e os alimentos humanos, é conomicamente viable e mellora a calidade de vida do produto e de toda a sociedade.
Un manexo sostible dos agroecosistemas queda definido por unha equilibrada combinación de tecnoloxias, políticas e actividades, baseadas en principios económicos e consideracións ecolóxicas a fin de manter ou incrementar a producion agrícola nos niveis necesarios para satisfacer as crecentes necesidades e aspiracións da poboación mundial en aumento, pero sin degradar o ambiente.
É sostible a agricultura ecoloxica?
Sábese que a agricultura ecolóxica beneficia ao medio e mesmo a vida humana, xa que non utiliza pesticidas nin produtos químicos. Non obstante, a agricultura ecolóxica é moito máis laboriosa, xa que os traballos como abonar as plantacións, recoller as colleitas etc. realízanse a man.
Os gandeiros e agricultores que utilizan esta agricultura, vense obrigados a subir os prezos dos seus produtos para que lles sexa rentable.
Isto aos consumidores non lles fai moita graza, e aínda que saben que é mellor e máis saúdable que a agricultura normal, son moitas as persoas que prefiren pagar un prezo máis baixo por un produto de menor calidade.
Aínda que a climatoloxía de España é favorable para este tipo de agricultura e os gobernos ofrecen axudas económicas aos gandeiros, non son suficientes para pagarlle aos xornaleiros.
Por isto e outras cousas similares este tipo de agricultura non é sostible en todas as partes.
Nas zonas rurais é onde é máis sostible a agricultura ecolóxica, xa que as plantacións son máis pequenas e os negocios de gandeiría están compostos por membros da mesma familia, o que fai máis rentable o traballo. É innecesario pagarlle aos xornaleiros.
