subscribe to the RSS Feed

Friday, May 24, 2013

Don Santiago Carrillo, un home interesante

Posted by noeliamoledo on febrero 2, 2011

Eu creo que debo a esa escola unha boa parte da miña vida, esa escola era entón un grupo de ensaio no que había maestros que ensaiaban sistemas pedagóxicos novos e eran xente moi capaz, era moi aberta ao futuro…”

Don Santiago falando con Entrepontes na Cadena Ser


Ola! Chámome Noelia e son integrante da revista Entrepontes. A continuación contareivos como vivín a miña experiencia entrevistando a Santiago Carrillo.

Esta entrevista, foi a primeira que fixen. Sirveume moito para comprender como é o punto de vista tanto dos escritores coma dos periodistas.

Todos os políticos parecen fríos a simple vista pero unha vez que tes a oportunidade de falar con eles podes chegar a descubrir cousas que che faran quedar coa boca aberta. No meu caso, ao igual que no caso das miñas compañeiras Alba Patiño e Ana Belén Álvarez ( integrantes tamén de Entrepontes e as miñas compañeiras na entrevista) chegamos a descubrir un montón de cousas de Santiago Carrillo.

Para min a experiencia foi única e inolvidable, porque non todos os días podes coñecer a unha persoa desa categoría, e non solo iso, senón tamén saber como foi a súa vida no pasado e os momentos duros polos que tivo que pasar.

Un saúdo

Noelia Moledo