Tivemos o privilexio de compartir coa artista media hora larga despois do miniconcerto que deu no casino de Pontevedra no Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Luz foi debullando con unha cadencia maravillosa cada unha das preguntas que Entrepontes tiña preparadas e non escatimou nin tempo, nin sorrisos, nin amabilidade nunha tarde moi especial para nós. Ao saír do camerino, onde a entrevistamos, atopámonos con unha cola que recorría todo o corredor do edificio.
Todo iba moi ben, estivemos toda a semana preparando a entrevista para o gran día. Ibamos entrevistar a Manuel Rivas!!
Cando chegou o día non puiden ir porque me encontrei mal e chamei a Chefa para dicirlle que non podía ir. Ela díxome que non me preocupara que encontraría unha sustituta.
Eu sinceramente quedeime mal porque tiña moitas ganas de entrevistar a Manuel Rivas despois do traballo que pasamos.
Cando me contaron como foi a entrevista gustoume o que oín pero ainda así quedeime mal de por vida….
Creo que o que me ocorreu a min non llo desexo a ninguén. Eu tiña unha ilusión enorme de facer esa entrevista e o final non puiden ir…
Grazas a Paula Moledo que me sustituíu e o fixo ben. E grazas aos compañeiros que seguiron coa entrevista a pesar de todo. Como se di no teatro: ” O espectáculo debe continuar”
Os luns a mediodía quedamos a comer os integrantes da Revista Entrepontes, despois cada un colle un ordenador e poñemonos a traballar, ou transcribindo entrevistas, ou facendo e actualizando entradas do blog de Entrepontes. Todos estamos moi contentos de estar aqui.
Foi unha tarde entretida na que poidemos preguntarlle a Manuel Rivas todo o que nos quixemos… gustoume moito a experiencia de ser periodista por un día. Foi a primeira entrevista que fixen na miña vida e quero repetir!!!
The 2 sidebars have been placed within an element so that you can enter information here at the bottom or up at the top that exists outside the 2 sidebars.