Humor para a reflexión.Tonucci
Posted by mlorenzo on mayo 11, 2011
embedded by Embedded Video
YouTube Direkt
Blog de traballo da revista escolar do IES Campo de San Alberto
Thursday, June 20, 2013
Posted by mlorenzo on mayo 11, 2011
embedded by Embedded Video
YouTube Direkt
Posted by susopena on febrero 7, 2011
Luís Avilés na biblioteca mentras é entrevistado por alumnas da ESO
Luís Avilés Baquero nado en Bogotá (Colombia) no ano 1969, onde o seu paí, o gran poeta galego Avilés de Taramacos, se atopaba emigrado.
Traballa na produción de anuncios audiovisuais e videos musicais, así como en diferentes campos da produción de series para televisión. Cofundou o Colectivo Audiovisual Punto de Xiro, co que realizou a súa primeira curtametraxe, “Frores”. No ano 2001 colaborou na creación da productora Proavis
No ano 2009 realiza o seu primeirio longometraxe do xénero suspense titulado Retornos, estrenada nas salas comerciais en novembro de 2010.
Posted by noeliamoledo on febrero 2, 2011
“ Eu creo que debo a esa escola unha boa parte da miña vida, esa escola era entón un grupo de ensaio no que había maestros que ensaiaban sistemas pedagóxicos novos e eran xente moi capaz, era moi aberta ao futuro…”

Don Santiago falando con Entrepontes na Cadena Ser
Ola! Chámome Noelia e son integrante da revista Entrepontes. A continuación contareivos como vivín a miña experiencia entrevistando a Santiago Carrillo.
Esta entrevista, foi a primeira que fixen. Sirveume moito para comprender como é o punto de vista tanto dos escritores coma dos periodistas.
Todos os políticos parecen fríos a simple vista pero unha vez que tes a oportunidade de falar con eles podes chegar a descubrir cousas que che faran quedar coa boca aberta. No meu caso, ao igual que no caso das miñas compañeiras Alba Patiño e Ana Belén Álvarez ( integrantes tamén de Entrepontes e as miñas compañeiras na entrevista) chegamos a descubrir un montón de cousas de Santiago Carrillo.
Para min a experiencia foi única e inolvidable, porque non todos os días podes coñecer a unha persoa desa categoría, e non solo iso, senón tamén saber como foi a súa vida no pasado e os momentos duros polos que tivo que pasar.
Un saúdo
Noelia Moledo
Posted by mlorenzo on enero 31, 2011
Manuel Rivas, presenta o seu último libro en Noia, acompañado de dúas guitarras e a voz de Iria Peña. Leeu fragmentos da novela e foi entrevistado por alumnas e alumnos do comité de redacción de Entrepontes.
O xornal La Voz de Galicia cubríu a noticia. O acto celebrouse no Teatro Coliseo Noela, magnífica arquitectura modernista, con unha bóveda pintada polo pintor noiés Alfonso Costa.

Posted by miriamlopez on
Todo iba moi ben, estivemos toda a semana preparando a entrevista para o gran día. Ibamos entrevistar a Manuel Rivas!!
Cando chegou o día non puiden ir porque me encontrei mal e chamei a Chefa para dicirlle que non podía ir. Ela díxome que non me preocupara que encontraría unha sustituta.
Eu sinceramente quedeime mal porque tiña moitas ganas de entrevistar a Manuel Rivas despois do traballo que pasamos.
Cando me contaron como foi a entrevista gustoume o que oín pero ainda así quedeime mal de por vida….
Creo que o que me ocorreu a min non llo desexo a ninguén. Eu tiña unha ilusión enorme de facer esa entrevista e o final non puiden ir…
Grazas a Paula Moledo que me sustituíu e o fixo ben. E grazas aos compañeiros que seguiron coa entrevista a pesar de todo. Como se di no teatro: ” O espectáculo debe continuar”

Manuel Rivas entre caracolas
Posted by paulamartinez on
Os luns a mediodía quedamos a comer os integrantes da Revista Entrepontes, despois cada un colle un ordenador e poñemonos a traballar, ou transcribindo entrevistas, ou facendo e actualizando entradas do blog de Entrepontes. Todos estamos moi contentos de estar aqui.
Paula, Elvira, Noelia e Ana Belén
Posted by aliciafontenlos on enero 17, 2011
Bueno, aquí está a entrevista ao artista Jorge García-Valenciano que se encontra no noso centro.
Nesta entrevista preguntámoslle polos seus proxectos de futuro, polos seus primeiros pasos no mundo da arte… Pero para que contarvos máis? Aquí tendes o video.
embedded by Embedded Video
YouTube Direkt
Posted by susopena on diciembre 13, 2010
Asturiano de nacemento, no ano 1915. Dirixente político ao fronte do PCE dende os tempos da II República ate os anos 80. Testemuña lúcida da loita contra o franquismo, do exilio republicano, da transición á democracia e da política española en xeral.
No seu facer político proxecta, como tódolos grandes persoeiros, sombras e luces. Sen dúbida o seu compromiso coa transición democrática foi esencial para superar o franquismo pero tivo que pagar o inmenso prezo de ter que aceptar a monarquía borbónica e renunciar ao proxecto republicano que representaba o PC.
Saúde, camarada
Posted by mlorenzo on
Jorge Valenciano é un home que cumpre os seus soños. Os debuxa na súa imaxinación e logo, fainos de materia. El fainos ver que nas cousas que nos rodean, hai arte. Pódese facer dela un mundo novo.
O importante é saber ver o mundo con outros ollos e sacarlle algo diferente e positivo.

Tormenta eléctrica
Posted by miriamlopez on noviembre 29, 2010

Rivas de xoven.
Empecei co libro de Manuel Rivas “Todo é silencio” e de momento gustame moito.
Polo que leín é un libro que conta feitos que pasan na actualidade dunha forma moi familiar, aínda que é un pouco de dificil de ler porque ten un léxico complicado e moitos saltos temporais.
Este libro conta a historia de tres rapaces que son moi amigos e están nun ámbito rural galego. Un destes rapaces, Brinco, é un neno que se fixa moito en Mariscal, que é un contrabandista. Brinco quere ser como el cando sexa maior. Polo outro lado está Fins, que é un neno que ten unha vida moi difícil. O seu pai é Malpica, que é un home moi querido xa que fai de Cristo na Semana Santa. É un mariñeiro.
Un día cando vai con Antonio, que é o pai de Leda, a amiga de Brinco e Fins, o pai de Fins morre.
O libro está dividido en dúas partes, a primeira vai sobre todo da súa adolescencia; a segunda trata máis ben de cando son maiores, do seu oficio e de como xa cando te vas facendo maior te olvidas dos teus amigos.
De momento gústame moito o libro e estou deseando acabalo porque este libro engancha moito.
Recoméndolle a todo o mundo a súa lectura. É moi bonito e engancha moito.