subscribe to the RSS Feed

Saturday, May 25, 2013

Entrevista ao presidente Núñez Feijóo

Posted by miriamlopez on mayo 27, 2010

No mes de abril o presidente da Xunta de Galicia recibiunos no seu despacho en San Caetano. Falamos da actividade política, do seu traballo como presidente, pero tamén das ideoloxías. O que aparece a continuación é a versión da entrevista que presentamos ao concurso Mellor Xornalista Xuvenil de La Voz de Galicia:

Aquí tedes tamén o inicio da entrevista:

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Entrevista ao presidente da Xunta de Galicia

Posted by albaburke on marzo 26, 2010

Alberto Núñez Feijóo: “Non se pode repartir o que non existe. Temos que crear riqueza para despois repartila; o que non podemos pensar é que todos temos que ter  un mínimo de riqueza si o noso sistema económico non é capáz de creala”

O presidente nun momento da entrevista./Foto: Javier Fausto Gomes

Este traballo está sendo realizado polas alumnas Alba Vázquez Burke e Fátima Rolán Dosantos e o alumno Javier Fausto Gómes de 2º de bacharelato. O proxecto de investigación que desenvolvemos para a revista Entrepontes representando ao departamento de CC Sociais é Tres ideoloxías, tres formas de ver Galicia .

Con todo o noso equipo técnico desprazámonos ata San Caetano. Co presidente tivemos a oportunidade de falar sobre as bases filosóficas das ideoloxías de dereitas, de como se organiza co seu equipo e tamén de temas de actualidade como a fusión das caixas galegas e o novo decreto do galego.

Tamén aproveitamos para preguntarlle sobre temas que lle afectan directamente á nosa vila, Noia, como a limpeza da ría e o desdobramento do corredor Brión-Noia.

Aquí podedes ver os vídeos:

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt