subscribe to the RSS Feed

Wednesday, May 22, 2013

Manuel Rivas con Entrepontes

Posted by mlorenzo on enero 31, 2011

Manuel Rivas, presenta o seu último libro en Noia, acompañado de dúas guitarras e a voz de Iria Peña. Leeu fragmentos da novela e foi entrevistado por alumnas e alumnos do comité de redacción de Entrepontes.

O xornal La Voz de Galicia cubríu a noticia. O acto celebrouse no Teatro Coliseo Noela, magnífica arquitectura modernista, con unha bóveda pintada polo pintor noiés Alfonso Costa.

A miña experiencia con Manuel Rivas

Posted by paulagomez on

A miña experiencia con Manuel Rivas foi escepcional. Facía tempo que estábamos esperando este momento con gran entusiasmo. A miña primeira impresion de el foi que era moi  alto!!! A primeira parte do acto gustoume moito, xa que me gustou que unha parte fora recitada e outra cantada. A outra parte era unha rolda de preguntas, que o señor Rivas respondeu contando todo tipo de detalles. A única pega era que a miña compañeira non pudo asistir ao acto xa que tivo problemas de saúde.

Entrevista fallida de Manuel Rivas.

Posted by miriamlopez on

Todo iba moi ben, estivemos toda a semana preparando a entrevista para o gran día. Ibamos entrevistar a Manuel Rivas!!

Cando chegou o día non puiden ir porque me encontrei mal e chamei a Chefa para dicirlle que non podía ir. Ela díxome que non me preocupara que encontraría unha sustituta.

Eu sinceramente quedeime mal porque tiña moitas ganas de entrevistar a Manuel Rivas despois do traballo que pasamos.

Cando me contaron como foi a entrevista gustoume o que oín pero ainda así quedeime mal de por vida….

Creo que o que me ocorreu a min non llo desexo a ninguén. Eu tiña unha ilusión enorme de facer esa entrevista e o final non puiden ir…

Grazas a Paula Moledo que me sustituíu e o fixo ben. E grazas aos compañeiros que seguiron coa entrevista a pesar de todo. Como se di no teatro: ” O espectáculo debe continuar”

Manuel Rivas entre caracolas

Unha tarde con Manuel Rivas

Posted by paulamartinez on

O día 28 de xaneiro entrevistamos a Manuel Rivas.

Foi unha tarde entretida na que poidemos preguntarlle a Manuel Rivas todo o que nos quixemos… gustoume moito a experiencia de ser periodista por un día. Foi a primeira entrevista que fixen na miña vida e quero repetir!!!

Acto literario musical con Manuel Rivas

Posted by mlorenzo on enero 26, 2011