Tivemos o privilexio de compartir coa artista media hora larga despois do miniconcerto que deu no casino de Pontevedra no Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Luz foi debullando con unha cadencia maravillosa cada unha das preguntas que Entrepontes tiña preparadas e non escatimou nin tempo, nin sorrisos, nin amabilidade nunha tarde moi especial para nós. Ao saír do camerino, onde a entrevistamos, atopámonos con unha cola que recorría todo o corredor do edificio.
Noelia e Alba na cadena SER entrevistando a Don Santiago
Asturiano de nacemento, no ano 1915. Dirixente político ao fronte do PCE dende os tempos da II República ate os anos 80. Testemuña lúcida da loita contra o franquismo, do exilio republicano, da transición á democracia e da política española en xeral.
No seu facer político proxecta, como tódolos grandes persoeiros, sombras e luces. Sen dúbida o seu compromiso coa transición democrática foi esencial para superar o franquismo pero tivo que pagar o inmenso prezo de ter que aceptar a monarquía borbónica e renunciar ao proxecto republicano que representaba o PC.
The 2 sidebars have been placed within an element so that you can enter information here at the bottom or up at the top that exists outside the 2 sidebars.